Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

08/08/2023 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, que suporán un investimento de máis de 1 M€

As obras realizaranse nas estradas OU-206, OU-212, OU-901 e OU-902, nos concellos do Carballiño, Avión, Carballeda de Avia, Leiro, Beade, San Cristovo de Cea e Vilamarín

08/08/2023 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación do proxecto de mellora de 65 paradas de autobús en 10 concellos da contorna da Coruña e de Santiago

As melloras levaranse a cabo no ámbito das rutas de acceso polo norte á cidade da Coruña nun total de 9 estradas autonómicas ao paso polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral, Curtis, Oza-Cesuras, Boimorto, Melide, Mesía e Ordes

08/08/2023 | 10:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita a contratación do servizo de mantemento dos edificios da administración de xustiza

O novo contrato terá unha vixencia de 24 meses prorrogables e un importe superior aos 4,3 millóns de euros

07/08/2023 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; C. de Sanidade

A Xunta declara a seca prolongada nas concas da ría da Coruña e de Betanzos e nos sistemas de abastecemento de Ferrolterra e da Mariña

Actívase a situación de seca prolongada en 9 dos 19 sistemas de explotación da bacía de competencia autonómica, abranguendo desde a conca do río Mero a Ferrol e desde a do río Mera á ría de Ribadeo

07/08/2023 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza hoxe as obras de mellora do firme na variante de Vilagarcía de Arousa

A actuación forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe en 5 estradas autonómicas ao paso polas comarcas do Salnés e de Pontevedra, cun investimento de máis de 2M€

07/08/2023 | 11:50 | C. de Sanidade

A Xunta concluirá este ano as obras de mellora do Hospital de Valdeorras tras un investimento de preto de 2 millóns de euros

O conselleiro de Sanidade visitou neste días a nova área de cirurxía maior ambulatoria, que entrará en funcionamento de inmediato, e a actuación na zona de consultas externas que rematará en outono

06/08/2023 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-124, no Concello de Riotorto

Tamén se iniciarán labores de axardinamento na glorieta da OU-536, no Pereiro de Aguiar; e proseguirán as tarefas de roza e limpeza na OU-801, ao seu paso polos municipios de Padrenda e de Ribadavia

06/08/2023 | 11:04 | C. de Sanidade

A Xunta completa a nova climatización do Hospital do Meixoeiro

A finalización desta actuación, cun importe total de 3,7 millóns de euros, supón realizar investimentos por valor de 22 millóns de euros neste hospital desde 2015

05/08/2023 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar novas obras na senda Pontevedra-Marín e completar a transformación integral do treito urbano da PO-546 en Estribela

Esta intervención, que suporá un investimento de máis de 405.000 euros, céntrase nunha 2ª fase de intervención en Estribela, desde o final da 1ª fase, agora en execución, ata o límite municipal

05/08/2023 | 10:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns as obras da campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo

Tras realizar en xullo reparacións puntuais do firme nos quilómetros 17 e 19 da AG-55, a próxima semana comezarán os traballos de conservación e mellora que se levan a cabo de forma periódica nas dúas autoestradas autonómicas