Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

06/08/2023 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta certificou no que vai de ano máis de 3.800 formacións en 30 cursos e talleres en igualdade laboral

O campus virtual de igualdade potencia desde o 2021 a sensibilización social e a integra-ción da igualdade laboral en todos os ámbitos da sociedade

04/08/2023 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O primeiro exame para a cobertura de 89 prazas de policía local en 24 concellos será o 23 de setembro

Así o acordou o tribunal que avaliará o proceso selectivo, constituído hoxe nunha xuntanza celebrada na Academia Galega de Seguridade Pública

02/08/2023 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca as axudas para que as entidades de economía social adheridas á Rede Eusumo promovan e oferten formación sobre esta fórmula de negocio

Poden optar ás achegas, de ata un máximo de 190.000 euros, asociacións, entidades locais, cámaras de comercio, universidades ou organizacións sindicais, empresariais ou profesionais adheridas á rede autonómica Eusumo de fomento da economía social

02/08/2023 | 12:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia acada a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica por cuarto mes consecutivo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, sinalou hoxe a boa evolución do mercado laboral destacando que a cifra de 127.445 persoas desempregadas é a mellor desde hai 27 anos (1996)

01/08/2023 | 10:14 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia 70 proxectos en actividades non agrícolas no medio rural cunha axuda total de 2,6 millóns de euros

Estas achegas están orientadas á ampliación e/ou modernización de empresas mediante a adquisición de maquinaria e equipamento, así como á posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo

28/07/2023 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que se poden solicitar ata o luns 31 de xullo os case 3,5 M€ en axudas a empresas e autónomos para contratar a menores de 30 anos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aumenta ata os 9.000 euros a contía destas achegas que buscan impulsar a incorporación ao mercado laboral de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
 

27/07/2023 | 20:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa en Pontevedra da Rede de polos de emprendemento e das axudas en activo para apoiar a actividade empresarial que suman 17,8 M€

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe en Pontevedra nun networking organizado pola Xunta e Aje Galicia no marco dun convenio de colaboración de impulso ao emprendemento

27/07/2023 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que ata o 7 de agosto se poden solicitar os máis de 4,8 M€ de axudas Emega para o fomento do emprego feminino

O delegado da Xunta visitou hoxe en Oroso o establecemento de froitas A Horta , que recibiu unha axuda de 17.000 euros no marco destas achegas

27/07/2023 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o programa Emega de fomento do emprego feminino que beneficiou máis de 2.300 mulleres emprendedoras nos seus 27 anos de traxectoria

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, visitou hoxe en Fene unha mercería que recibiu 10.000 euros no marco destas achegas, que este ano contan cun orzamento superior aos 4,8 millóns e que poden solicitarse ata o 7 de agosto

26/07/2023 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o aumento nun 66% das inspeccións no eido da seguridade e saúde laboral en Pontevedra en colaboración coa Inspección de Traballo Provincial

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, constatou co director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social, Demetrio Fernández, que as inspeccións subiron case un 15% na provincia con respecto ao mesmo período de 2022