Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

11/04/2023 | 13:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abrirá o 28 de abril o prazo para que mozos menores de 36 anos poidan solicitar avais públicos para a compra da súa primeira vivenda

O programa está dotado dun orzamento global de 5 millóns de euros e o importe do aval poderá chegar ata o 20 % do prezo de adquisición do inmoble, que terá que utilizarse como residencia habitual e permanente do beneficiario

09/04/2023 | 13:00 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o papel da Feira do Viño de Quiroga como un dos reclamos turísticos da Ribeira Sacra

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe o encontro, en cuxa 41ª edición participan 12 adegas

05/04/2023 | 19:31 | C. de Economía e Industria

Trenor destaca o papel da Mostra do Encaixe de Camariñas como plataforma de divulgación e de renovación do oficio

A Xunta colabora habitualmente neste encontro que está consolidado como un im-portante escaparate da marca Artesanía de Galicia e un dinamizador económico da zona e do sector artesán galego

05/04/2023 | 18:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa colaboración para impulsar a competitividade industrial de Navantia na ría de Ferrol

Avoga por manter un diálogo aberto e construtivo entre todas as partes implicadas na busca de solucións que garantan o futuro do estaleiro e, por extensión, de toda a comarca de Ferrolterra

05/04/2023 | 16:47 | C. do Mar

Arredor de 700 profesionais do marisqueo da ría de Arousa poderán beneficiarse das axudas pola parada biolóxica nos bancos dos Lombos, Bohído e Cabío

O Diario Oficial de Galicia publicará en próximos días a convocatoria destas achegas ás que a Xunta destina 4 M€ e que están dirixidas a persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nestas zonas

04/04/2023 | 11:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta somete a información pública a factoría de pneumáticos que o grupo Sentury prevé construír nas Pontes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio que outorga un prazo de 30 días hábiles para a presentación de alegacións ou observacións

03/04/2023 | 20:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o sector da Coxeración na súa reclamación de contar cun novo marco regulatorio

A pesar de que en setembro de 2022 o Executivo central incluíu a coxeración no sistema de compensación do mecanismo ibérico —tal e como se reclamaba desde Galicia—, o sector pechou o ano cunha redución da produción do 52 por cento con respecto a 2021

03/04/2023 | 15:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ingresa o complemento autonómico das pensións non contributivas de 37.000 galegos

O Goberno galego adiantou nove meses o pago desta prestación dirixida ás persoas anciáns e enfermas con incapacidade e para aquelas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos

03/04/2023 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta remata a central de biomasa que subministrará enerxía ao complexo sociosanitario da Residencia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitaron hoxe as instalacións, na que o Goberno galego inviste 1,4 millóns de euros