Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

14/02/2023 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 500.000 euros na reforma da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal

Os traballos centráronse na fachada e permitiron aumentar a eficiencia enerxética das instalacións, así como a comodidade dos usuarios

13/02/2023 | 09:50 | C. de Sanidade

O DOG publica a orde de axudas da Xunta para que entidades sociais poñan en marcha programas sociosanitarios no ámbito da saúde mental

Superan os 1,2 millóns de euros, cun incremento anual de case un 20 %. A contía se ten duplicado desde a aprobación do Plan de Saúde Mental de Galicia en 2020

12/02/2023 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para atender a poboación turca e siria afectada polo terremoto

A través desta colaboración reforzarase a subministración de medicamentos de urxencia a tres centros de saúde, así como as capacidades do persoal sanitario en xestión de riscos nun contexto de crise humanitaria aguda

11/02/2023 | 15:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que os avances cara a plena inclusión das persoas con Asperger son froito do traballo colectivo

En Galicia estas persoas teñen á súa disposición, entre outros servizos, unha ampla rede de atención temperá para previr problemas de desenvolvemento desde a primeira infancia, un sistema educativo inclusivo e programas de apoio ao emprego

10/02/2023 | 11:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon á disposición dos centros educativos a nova guía DAFIS para fomentar a vida activa e saudable entre o alumnado

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes abriu hoxe a terceira edición das xornadas sobre o centro educativo como promotor de actividade física e saúde