Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.008 novas da área temática Áreas temáticas:

02/07/2024 | 14:02 | C. de Sanidade

Os servizos tecnolóxicos da sanidade pública galega, recoñecidos co máximo nivel de protección por parte do esquema nacional de seguridade

O sistema sanitario público galego convértese no primeiro de España en certificar este nivel de garantía e seguridade en todos os seus servizos, unidades e centros de saúde

02/07/2024 | 13:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca as visitas a Cortegada como unha opción de turismo sostible en auxe pois a afluencia subiu un 66% desde 2021

O ano pasado acudiron á illa preto de 10.000 persoas, unha cifra moi superior ás máis de 7.600 de 2022 e ás 5.700 do exercicio anterior

02/07/2024 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O rapeiro canario Lucho RK e a fusión de músicas do mundo da banda galega de Ninghures abren esta semana o ciclo de concertos de ‘Atardecer no Gaiás’

As actuacións, con acceso libre e gratuíto, serán este xoves 4 e venres 5 de xullo ás 21 horas na Praza central da Cidade da Cultura

02/07/2024 | 13:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia avanza na desestacionalización cun crecemento do 5% no número de viaxeiros aloxados nos cinco primeiros meses do ano

Segundo as cifras do INE feitas públicas hoxe, rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico

02/07/2024 | 13:27 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo supervisa con José Manuel López a zona na que se levará a cabo a mellora dos elementos de protección do paseo marítimo de Caión

A delegada destacou que esta é a segunda fase dunha primeira actuación xa realizada que conta cunha axuda da Axencia Turismo de Galicia de máis de 80.000 euros

02/07/2024 | 13:16 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles reivindica o papel “clave” do asociacionismo xacobeo para o futuro do Camiño

Asiste en Santiago á primeira asemblea da nova federación europea de asociacións xacobeas Camino Europa Compostela que representa unha vintena de países

02/07/2024 | 13:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta
02/07/2024 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta ‘Veráns Lecer Consumo’

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá aos participantes nunha das actividades que se levaron a cabo no local da AVV de Pantín coa fin de concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable

02/07/2024 | 11:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos a veciños e turistas

 Salienta as actuacións realizadas en Sanxenxo, “un dos concellos turísticos máis importantes de toda España”

02/07/2024 | 11:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha o novo polo de Sarria co que se amplía a Rede de emprendemento ata as 14 oficinas activas en dous anos para ofrecer asesoramento

José González sinalou que a apertura deste polo é un dos compromisos do Goberno galego adquiridos para os 100 primeiros días desta Lexislatura