Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

31/03/2023 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Gabriel Alén avanza que a planta de biorresiduos de Verín entrará en funcionamento o 1 de xuño

Conta cun investimento superior a 5,5 M€, ocupa unha parcela de 12.000 m2 non polígono industrial de Pazos e disporá de capacidade para tratar 3.000 t/ano de materia orgánica e 1.600 t de material estruturante, estimando que produza 1.500 t/ano de compost
 

31/03/2023 | 15:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Mos destinan 1,03 M€ á humanización da contorna da Ermida de San Eleuterio

Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

31/03/2023 | 15:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia unha rolda de contactos con expertos en economía ambiental de cara á elaboración da Lei de aproveitamento dos recursos naturais

Ángeles Vázquez salienta a importancia de poder aproveitar o coñecemento e experiencia de recoñecidos especialistas na materia para enriquecer o contido da futura norma

31/03/2023 | 13:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Ecoembes colaboran na cuarta edición da campaña Únete ao reto para fomentar a reciclaxe en 11 concellos galegos

Entidades locais das catro provincias participan no plan para incrementar a recuperación de envases de plástico, latas e briks depositados no contedor amarelo

31/03/2023 | 12:33 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta publica a licitación das obras de acondicionamento na illa de Ons por 1,8 M€

O prazo de presentación de solicitudes é de 26 días naturais desde hoxe
 

30/03/2023 | 18:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede máis de 60 axudas a 48 concellos para mellorar a imaxe exterior de edificios, equipamentos municipais e outros elementos públicos

Enrique de Salvador enmarca o éxito do programa no compromiso municipal co fermosismo e salienta que, por terceiro ano, se esgotaron os fondos da convocatoria

30/03/2023 | 18:42 | C. do Mar

Preto de 900 profesionais do marisqueo a pé e 25 embarcacións participarán este ano na recollida activa de lixo en Galicia

A Xunta aprobou unha axuda global de máis de 337.000 euros para 13 proxectos de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños que prevén un total de 120 xornadas de limpeza no litoral da comunidade

30/03/2023 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta expón as bases da futura Lei do litoral ante un dos maiores expertos europeos en dereito ambiental

Trasládanlle a transcendencia para Galicia desta norma, pioneira en España, polo peso e a importancia que ten a costa desde o punto de vista económico, patrimonial e social

29/03/2023 | 13:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo mañá para que os concellos poidan optar aos premios Bandeira Verde de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca por cuarto ano consecutivo este distintivo co fin de poñer en valor o traballo e a implicación dos municipios máis comprometidos co coidado da paisaxe e do patrimonio natural

28/03/2023 | 14:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por practicar un turismo sostible no Parque Nacional das Illas Atlánticas esta Semana Santa e agarda unha afluencia similar á de 2022

Ángeles Vázquez salienta que a cifra récord de 490.000 visitantes rexistrada o ano pasado está relacionada coa aposta da Xunta pola desestacionalización das viaxes a este espazo natural e anima á cidadanía a gozar dos catro arquipélagos “todo o ano”