Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

04/09/2023 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia mantén o emprego malia a incidencia do fin dos contratos de verán no paro rexistrado en agosto

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, puxo en valor que a comunidade resista ao efecto de finalización dos contratos da campaña estival coa segunda cifra máis baixa de desempregados desde que hai rexistro: 127.725 persoas
 

26/08/2023 | 11:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ten aberto ata o vindeiro 15 de setembro o prazo para solicitar diversas liñas de axudas de apoio á economía social por un importe global de case 10 millóns de euros

En concreto, hai achegas para fomentar o emprendemento e o emprego na economía social, para consolidar as distintas entidades deste eido económico e para a creación de cooperativas e sociedades laborais

24/08/2023 | 12:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ultima a posta en marcha do Polo de emprendemento de Pontevedra Leste e Sur que dará servizo a 28 concellos desde O Porriño

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visitou o Polo de Pontevedra Leste e Sur para ver o estado das obras

24/08/2023 | 09:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a contratación de menores de 30 anos con incentivos de ata preto de 20.000 euros por persoa moza e un investimento de máis de 7,5 M€

O Goberno galego ofrece axudas para a contratación de mozas e mozos tanto con titulación como sen cualificación acreditable, a tempo completo e por un período de doce meses
 

23/08/2023 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 2,7 M€ á contratación de máis de 1.000 mulleres sen emprego en sectores con potencial como o emprego verde e dixital e o dos coidados

Cada entidade beneficiada recibirá ata 4.215 euros por cada traballadora que acade unha efectiva inserción laboral e cada participante recibirá un incentivo de 400 euros

22/08/2023 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina preto de 184.000 euros a apoiar a conciliación e fomentar a corresponsabilidade en nove municipios de Ferrol, Eume e Ortegal

Un total de 15 nenas e nenos participan nesta quenda do programa que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto durante períodos de 15 días

21/08/2023 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial reúnese coa AEMPE e agradece “O seu importante labor”

Reguera asegurou que a Xunta sempre está disposta a colaborar con iniciativas que melloren a economía, a calidade de vida ou a contorna de Galicia

21/08/2023 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Case un milleiro de persoas optan a 89 prazas de policía local en 24 concellos

O DOG publica hoxe a relación definitiva de persoas admitidas ao proceso selectivo, que se someterán ás primeiras probas o próximo 23 de setembro no recinto feiral de Silleda

19/08/2023 | 11:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa Mentoring da Xunta de apoio aos autónomos inicia en setembro unha nova edición coa participación de 212 profesionais

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mantivo unha xuntanza con representantes da Fundación Ronsel para ultimar a posta en marcha da iniciativa

17/08/2023 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A primeira edición do programa Xuventude Mentoring na empresa contará coa participación de nove entidades privadas sen ámimo de lucro e tres concellos

O obxectivo é facilitar a persoas mozas de 18 a 30 anos estadías formativas de ata tres meses en empresas que melloren a súa capacidade profesional e empregabilidade