Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

29/07/2023 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura de Galicia custodiará e divulgará todo o legado de Arcadio López Casanova

Anxo M. Lorenzo explica que a Xunta traballa na catalogación e posta en valor de máis de 4.000 obras que foron cedidas pola súa viúva este mesmo ano

27/07/2023 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta lanza o programa Retorna Talento FP con 1 M€ para que 108 mozos do exterior cursen Formación profesional en Galicia o próximo curso

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, subliña que o obxectivo é “atraer galegos do exterior para que se formen en Galicia e se incorporen ao noso mercado laboral”

26/07/2023 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta comeza as obras de renovación nas cubertas e canlóns do Colexio CEIP Froebel

O obxectivo é solucionar os problemas máis recentes, manténdose o compromiso de realizar a terceira fase de reforma do centro

26/07/2023 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta activa melloras na fachada, a cuberta e de eficiencia enerxética no IES Chan do Monte de Marín cun investimento de 82.000€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, supervisou as obras de reparación da fachada e da cuberta no edificio dos talleres, que se están a desenvolver neste verán, xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo, e outros representantes educativos

25/07/2023 | 12:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por 156.000 euros as obras de instalación de ascensores en dous centros educativos de Ferrolterra

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades mellorará con estas actuacións a accesibilidade dos CEIP Plurilingüe Virxe do Mar, en Narón, e o CEIP San Isidro, de Neda

21/07/2023 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras do instituto Xesús Ferro Couselo, nas que a Xunta inviste preto de 2,7 M€

As obras consisten na ampliación en altura do edificio, dotándoo dunha nova planta cunha superficie construída de 1080 m2 e unha planta baixocuberta para almacenaxe e instalacións de 270 m2

21/07/2023 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece a excelencia de 103 universitarios cos premios fin de carreira

Os galardóns están dirixidos ao alumnado que rematou os seus estudos no ano 2022 e cada un deles recibirá 3.500€ e un diploma acreditativo

21/07/2023 | 12:25 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda despide o curso nas escolas infantís da Xunta coa entrega de fotos e orlas para os nenos e as súas familias

Destaca que este servizo en Galicia, gratuíto para todos os nenos de 0 a 3 anos en todos os centros da comunidade, axudou a conciliar este ano a máis de 31.000 familias

21/07/2023 | 11:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
19/07/2023 | 16:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xefatura de Educación en Pontevedra supervisa o normal desenvolvemento das obras de rehabilitación integral do Instituto Valle-Inclán

O xefe territorial, xunto co equipo técnico e a Inspección, explicoulle ao equipo directivo e á anpa os trámites preceptivos levados a cabo e a planificación dos traballos