Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.192 novas:

04/07/2024 | 15:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o labor dos gandeiros e os consellos reguladores á hora de situar Galicia como un referente na produción de carne de excelencia

Sinala que os selos Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego son sinónimos de calidade e de valor engadido

04/07/2024 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

O Sergas e as tres universidades galegas prorrogan os seus concertos na procura de optimizar a formación dos profesionais sanitarios galegos

O Executivo galego destinará un orzamento global de 5.289.479 euros para posibilitar o emprego das institucións sanitarias con finalidades docentes, asistenciais e de investigación

04/07/2024 | 14:58 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles anuncia que mañá venres se adxudicará a segunda e terceira fase do proxecto de rehabilitación do Parque do Pasatempo

O director de Turismo de Galicia anunciouno no marco da presentación do Festival do Pasatempo, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia

04/07/2024 | 14:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa os traballos de mellora e limpeza nun tramo de 1 km do Verdugo, unha das últimas actuacións executadas no marco do Proxecto Mil Ríos

Cun investimento executado de preto de 60.000 €, os labores comezaron o ano pasado e centráronse en eliminar especies invasoras e alóctonas da ribeira nun treito fluvial que discorre entre a ponte colgante e a ponte medieval de Comboa

04/07/2024 | 14:51 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o compromiso da Xunta na defensa do sector pesqueiro galego ante as institucións comunitarias

O conselleiro do Mar, que acompañou a representantes do sector en Luxemburgo, criticou que a decisión de vetar a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental tomada pola Comisión carece de base técnica e científica

04/07/2024 | 14:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove a participación cidadá no proceso da candidatura Ribeira Sacra a patrimonio mundial

Convócanse para os próximos meses varias xuntanzas polo territorio para informar e recoller as suxestións e inquedanzas da veciñanza

04/07/2024 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aprobadas as 20 primeiras axudas para os deportistas, técnicos e árbitros galegos e galegas que participarán nos Xogos de París

Os primeiros beneficiados son os deportistas Teri Portela, Carlos Arévalo, Támara Echegoyen, Vicky Vilariño, Martín de la Puente, Jacobo Garrido, Fran Garrigós, Caetano Horta, Enmanuel Reyes, Niko Shera, Ester Navarrete, Rodrigo Conde, María de Valdés, Adrián Mosquera e Sara Ouzande; os técnicos Daniel Brage e Marcos Fernández; e os xuíces Loreto Pérez, Manuel Franco e María Dolores Rojas

04/07/2024 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza as obra de mellora da estrada autonómica PO-340 ao seu paso por Gondomar

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos e pediu ao alcalde de Gondomar “lealdade institucional” cunha actuación “moi necesaria”

04/07/2024 | 14:27 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros anima a coñecer a riqueza natural de Ferrolterra a través do minicampamento ‘Valdoviño Mariño IV’

Unha vintena de rapazas e rapaces participan esta semana na primeira quenda deste minicampamento que oferta actividades náuticas como o surf, paddle surf, caiac ou body board, entre outras