Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

09/04/2023 | 14:36 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo novas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 23 hectáreas provisionais

09/04/2023 | 12:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Permanece aberto o prazo para participar nunha nova edición da campaña ‘1m2 contra a basuraleza’

Con este tipo de campañas de sensibilización e mobilización cidadá, contribúese a eliminar da contorna natural todo tipo de residuos perigosos como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos

09/04/2023 | 11:14 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas provisionais

08/04/2023 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de marzo moi cálido e lixeiramente húmido

O avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia sinala que a temperatura media se situou 1,2 graos por riba do esperado, o que supón que fose o marzo máis cálido desde 2012

03/04/2023 | 17:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sogama inviste 1 millón de euros para dotar á planta de Monforte cunha liña de transferencia para a materia orgánica

Unha vez reformada, a planta servirá a 18 municipios que incorporarán os contedores marróns para a recollida selectiva destes residuos

03/04/2023 | 16:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello da Rúa destinan máis de 542.000 € ao acondicionamento do Barrio da Estación

Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

02/04/2023 | 10:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realizou preto de 1300 actuacións de inspección ambiental durante o ano 2022

A maior parte dos controis centráronse no transporte transfronteirizo de residuos

01/04/2023 | 12:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a nova senda do río Dorrón potenciará a conservación da contorna e fomentará o ecoturismo no concello de Sanxenxo

Ángeles Vázquez subliña que esta ruta permitirá poñer en valor o patrimonio natural da contorna e o desenvolver actuacións en materia de turismo rural nas parroquias do interior de Sanxenxo ao conectar a praia de Areas co muíño de Xixán