Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

11/09/2023 | 13:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abrirá un novo Polo de emprendemento en Vilanova de Arousa para xerar emprego, dinamizar a economía local e fixar poboación

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, anunciouno nun encontro con empresarios, onde destacou o potencial da comarca do Salnés no eido do turismo, no comercio ou no sector primario, nomeadamente no mar

11/09/2023 | 09:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a inserción laboral de preto de 4.000 persoas con discapacidade con 10 M€ en axudas aos centros especiais de emprego

O Goberno galego promove a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo en 126 centros especiais de emprego (CEE) rexistrados

10/09/2023 | 11:09 | C. do Mar

Galicia participa nun foro internacional sobre o rol que xogan as mulleres nas pesqueiras de Iberoamérica

Profesionais de diferentes sectores e países de Centroamérica, Sudamérica, España e Portugal debateron e compartiron experiencias sobre os retos e oportunidades para acadar a igualdade de xénero na actividade pesqueira

07/09/2023 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa máis de 600 proxectos municipais cun orzamento de 27,2 millóns de euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, deu conta no Parlamennto das liñas específicas de apoio aos concellos como a Orde de infraestruturas, o Fondo de Compensación Ambiental e o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local

06/09/2023 | 15:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e Urovesa estudan fórmulas de colaboración para atender a demanda de persoal cualificado para o deseño e fabricación de vehículos especiais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe en Valga a área produtiva de Urovesa

05/09/2023 | 14:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina case 182.500 € ao Plan de conciliación e corresponsabilidade do Pereiro de Aguiar no que tamén participan nenas e nenos de Nogueira de Ramuín

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe a Aula Concilia deste concello ourensán, iniciativa que leva funcionando desde 2008 e que está dispoñible tanto durante o curso escolar como nos períodos estivais
 

05/09/2023 | 12:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abrirá un novo Polo de Emprendemento en Baños de Molgas para xerar emprego e dinamizar a economía local

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, anunciou nun encontro con empresarios da comarca a posta en marcha deste centro que acompañará ás persoas con iniciativa no desenvolvemento dos seus negocios

04/09/2023 | 17:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e autónomos perfilan a Axenda de Impulso ao Emprego autónomo 2023-2026, que contará cun orzamento superior aos 200 M€

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, preside unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo, na que se fará balance dos 30 M€ de axudas directas ao colectivo este ano e se analizarán os apoios previstos en 2024

04/09/2023 | 12:44 | C. de Economía e Industria

A BFAERO bate o seu récord de participación con 144 propostas de 26 países e consolídase como reclamo para emprendedores de todo o mundo

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, deu a coñecer esta mañá en Lugo o balance das solicitudes recibidas para participar na última convocatoria da aceleradora de proxectos empresariais do Polo Aeroespacial de Galicia