Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

26/04/2023 | 16:06 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a importancia da sustentabilidade como un compromiso ambiental, social, económico e de goberno

Destaca o interese da futura Lei de recursos naturais para que os beneficios que xeren as materias primas teñan un impacto directo e positivo no territorio e na cidadanía

26/04/2023 | 14:56 | C. de Economía e Industria

Conde destaca en Viveiro que Galicia incrementará a súa dinamización industrial na medida en que acelere a colaboración entre administracións e empresas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na xornada organizada por Red Localis e a Confederación de Empresarios de Lugo

26/04/2023 | 14:49 | C. de Economía e Industria

Trinta pemes galegas van poder internacionalizar os seus produtos ou servizos innovadores a través do programa Galicia Avanza da Xunta e Tecnópole

Nesta segunda edición do programa, aumentaron as solicitudes un 43 % e as empresas participantes proceden das catro provincias galegas e de sectores moi diversos

26/04/2023 | 14:08 | C. de Economía e Industria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta destaca o traballo dun consorcio de empresas liderado por Viña Costeira no avance cara á dixitalización do sector vitivinícola

Hoxe informouse, na sede da bodega en Ribadavia, do proxecto Libatio para a dixitalización das fases da maduración e fermentación do viño, que participou no programa Conecta Hubs da Axencia Galega de Innovación

A dixitalización do tecido produtivo, especialmente das pemes, é un dos obxectivos prioritarios da política galega de I+D+i co obxectivo de contribuír a mellorar a súa competitividade
 

26/04/2023 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/04/2023 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa de que as axudas para apoiar o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas poderán solicitarse a partir de maio

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Santiago de Compostela as instalacións da empresa familiar Grúas Norte, vinculada á instalación e reparación de aeroxeradores

24/04/2023 | 17:30 | C. do Mar

Galicia pide que a revisión das zonas vetadas á pesca de fondo se realice co máximo rigor atendendo tamén aos aspectos socioeconómicos

A titular de Mar lamenta que o informe presentado a semana pasada polo Consello Internacional para a Exploración do Mar suporía ampliar as zonas acoutadas e semella repetir eivas pasadas como a ausencia de datos actualizados de todas as artes

24/04/2023 | 17:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anima ao tecido empresarial a aproveitar os novos retos e oportunidades que se lle presentan á industria galega para seguir prosperando

Salienta o crecemento da riqueza industrial galega e anima ao “optimismo” perante o futuro da Comunidade a pesar das dificultades polas consecuencias da pandemia e polo contexto internacional

24/04/2023 | 11:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta explora en Miami o potencial loxístico de Galicia e Florida e avanza no establecemento dunha ruta directa de mercadorías entre ambas as dúas rexións

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantén un encontro con representantes do Porto de Miami e do Clúster Loxístico de Galicia no que afondan nun documento base para configurar unha ruta comercial directa entre Miami e Galicia

23/04/2023 | 11:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a presenza de startups galegas no evento tecnolóxico Emerge Americas en Miami

O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu a este encontro co obxectivo de explorar novas oportunidades de negocio para o ecosistema galego de emprendemento innovador