Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

12/05/2023 | 15:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por primeira vez axudas de ata 18.000 euros para contratar persoas coidadoras de gando extensivo para previr danos causados polo lobo

Ángeles Vázquez reitera que a prevención é unha ferramenta imprescindible para compatibilizar a gandería coa presenza e a conservación desta especie en Galicia

12/05/2023 | 14:09 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor en Oleiros as arredor de 10.000 hectáreas que se levan mobilizado grazas á Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

José González fixo fincapé no propósito de poñer a producir as terras abandonadas e infrautilizadas, co fin de aumentar a base territorial necesaria para as explotacións que o precisen

12/05/2023 | 11:30 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo para recibir propostas de aproveitamento das parcelas incluídas en cinco aldeas modelo das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas de aproveitamento

12/05/2023 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Xunta rexeita de plano a discriminación dos gandeiros galegos nas medidas do Goberno central que hoxe se publican no Boletín Oficial do Estado

Malia a inicial valoración positiva de onte, ao entender que se atendían demandas trasladadas de xeito reiterado desde Galicia, o conselleiro do Medio Rural vén de comunicarlle ao Ministerio de Agricultura o que cualifica de “discriminación territorial inaceptable”

10/05/2023 | 13:55 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén destaca a calidade dos viños da Denominación de Orixe do Ribeiro

As xornadas de portas abertas contará cun ‘Bus do viño’ que sairá desde as principais cidades de Galicia (A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra), o sábado e o domingo, con destino a diferentes puntos do patrimonio histórico e as adegas do Ribeiro, onde se desenvolverán actividades de enoturismo especialmente deseñadas para esta iniciativa
 

10/05/2023 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta publica as normas que rexerán a execución do programa Leader no período 2023-2027

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, onde se establecen as condicións e os obxectivos para garantir a idónea execución do Programa Leader
 

09/05/2023 | 20:06 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por unha modernización dos regadíos da Limia que supoña o menor custo para os regantes

José González reafirmou o compromiso do Goberno galego coa iniciativa a través da construción de pozos para a captación de augas subterráneas e da instalación prevista da infraestrutura de bombeo de ditos pozos

09/05/2023 | 13:23 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia os viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia participantes na Feira Fenavin de Ciudad Real

No espazo dispoñible da Consellería do Medio Rural participan 34 empresas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas e tamén haberá un túnel do viño con diferentes propostas

09/05/2023 | 11:32 | C. do Medio Rural

A Xunta declara de utilidade pública e de interese social os polígonos agroforestais de Bóveda, Montederramo e Larouco

O DOG publica hoxe os tres decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 300 hectáreas, algo máis de 1.600 parcelas e preto de 800 propietarios