Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

13/01/2023 | 13:48 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta o stand de Galicia coa enogastronomía como eixe central e con récord de presentacións no espazo galego en Fitur

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou que o stand de Galicia acollerá arredor de 54 presentacións de recursos, produtos e novidades, entre as que se atopan presentacións de concellos, deputacións, xeodestinos, presentacións gastronómicas, e presentacións deportivas, entre moitas outras

11/01/2023 | 16:41 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do Plan territorial de sustentabilidade turística de enogastronomía do xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño que conta con 1,5 M€

Esta acción forma parte do Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia, recentemente aprobado na Conferencia Sectorial de Turismo a proposta do Goberno galego

07/01/2023 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinará 1,74 M€ á mellora dos espazos termais de uso lúdico de Galicia

A convocatoria publicarase nas próximas semanas e cubrirá un máximo de 200.000 euros por solicitude
 

05/01/2023 | 14:00 | C. do Medio Rural

A Xunta achega 22.900 € á reforma do miradoiro do Cabo do Mundo, no Saviñao, para lograr unha maior inmersión na paisaxe

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou a nova plataforma de madeira que engade unha altura de 5,10 metros sobre a estrutura orixinal

05/01/2023 | 12:14 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro visita as obras de modernización realizadas no Hotel Balneario Augas Santas co apoio da Xunta de Galicia

A directora de Turismo de Galicia visitou as obras realizadas ao abeiro dunha subvención para contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros galegos

03/01/2023 | 14:05 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do Plan territorial de sustentabilidade turística de enogastronomía do que se beneficiarán 30 concellos na provincia de Ourense

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, precisou que este Plan dará lugar a tres intervencións na provincia
 

03/01/2023 | 13:56 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

A ocupación hoteleira en Galicia segue a bater récords e por primeira vez son superados os 12 millóns de noites de xaneiro a novembro

A Comunidade galega, con preto de 6,3 millóns de visitantes aloxados en establecementos turísticos, rexistra os mellores datos da serie histórica