Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

19/09/2023 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo avalía en Ourense coa Federación Galega de Talleres e cos empresarios da construción as súas demandas para xerar máis emprego de calidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade reuniuse, dun lado, co presidente da Federación Galega de Talleres e de Atave, Ricardo Borrajo, e doutra parte, co máximo representante da Asociación de Empresarios da Construción (ACO), Santiago Ferreiro

17/09/2023 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta instalará un novo espazo de lecer no encontro internacional de surf Junior Pro Razo-Caión para garantir a conciliación das familias

As familias con menores de 4 a 16 anos poderán acceder a este stand que quedará situado no paseo da praia de Razo entre os días 20 e 24 de setembro

16/09/2023 | 11:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a formación de persoas desempregadas do rural para acceder a empregos “verdes”

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade colabora coa Fundación Santa María la Real na celebración do obradoiro Impulsa Emprego Verde, que mantén o seu prazo de inscrición aberto ata o próximo 2 de novembro

15/09/2023 | 15:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Arranca o 4º programa de Mentoring co que a Xunta apoiará a máis de 200 autónomos a transformar os seus negocios e adaptalos ás necesidades do mercado

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no acto de apertura da cuarta edición desta iniciativa
 

15/09/2023 | 14:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 1 M€ en dous obradoiros de emprego en Ribadeo e Barreiros para formar preto de 40 persoas na atención sociosanitaria

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, estivo hoxe no acto de apertura dun programa de emprego para menores de 30 anos no que participarán 16 persoas durante 12 meses, combinando formación e práctica profesional
 

15/09/2023 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financiará con case 800.000 euros os cursos duais de formación para persoas desempregadas en Vigo

A delegada territorial de Xunta en Vigo destaca o compromiso do Goberno galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral das persoas sen emprego a través de obradoiros duais
 

13/09/2023 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor lembra que está aberto o prazo para solicitar as axudas de ata 3.000 euros do bono autónomo ata o próximo 29 de setembro

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe a iniciativa empresarial Gola de Toy Library, un exemplo de traballador autonómo beneficiario o ano pasado destas axudas

13/09/2023 | 12:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a aplicación socioeconómica do coñecemento xurdido na universidade na entrega de premios do Programa Icarus 2023 da USC

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou esta mañá no acto que se celebrou en Compostela

12/09/2023 | 14:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta duplica o número de cursos, seminarios e prazas na oferta formativa 2023/2024 do centro de novas tecnoloxías de Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidiu o acto de presentación deste programa de formación que supón case cuadriplicar o orzamento destinado o ano pasado a este cometido