Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

03/05/2023 | 14:55 | C. de Economía e Industria

Trenor anima aos concellos e ás asociacións de praceiros a solicitar o programa de axudas de 4,6 M€ para potenciar a calidade das prazas de abastos

O delegado apuntou que os apoios para os concellos, que poden alcanzar os 221.000 euros, céntranse na mellora das instalacións, os servizos para a clientela, o equipamento comercial e a eficiencia enerxética

03/05/2023 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo avoga por fomentar a responsabilidade social a través do diálogo entre empresas, administracións e cidadanía

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou en “Diálogos en el Atlántico. Territorio y Responsabilidade Social”, organizado por Cesuga, onde apelou a defender unha economía verde e sustentable

02/05/2023 | 20:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia aborda cos axentes económicos e sociais as necesidades enerxéticas dos novos proxectos industriais

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UGT e CCOO

02/05/2023 | 14:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a aposta polas enerxías verdes vai permitir que empresas como Invenergy Services viva un momento de grandes oportunidades

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, estivo hoxe nas instalacións desta empresa nas Somozas, onde explicou que a prioridade do Goberno galego no sector eólico é favorecer un desenvolvemento ordenado e compatible co medio ambiente

29/04/2023 | 11:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta esgota o crédito destinado ao programa Galicia Renova Electrodomésticos tras recibir máis de 19.000 solicitudes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, aproveitou a visita realizada esta mañá a Zapping TV, en Lalín, para agradecer a colaboración dos 491 establecementos adheridos a esta campaña
 

29/04/2023 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 489.000 euros en axudas a concellos de Ferrolterra para a contratación de 35 persoas perceptoras da Risga

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade colabora con 11 concellos da zona na contratación de 35 persoas desempregadas

28/04/2023 | 15:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta que a nova Estratexia de Especialización Intelixente é unha oportunidade para transformar Galicia a partir da I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, informou esta mañá no Parlamento de Galicia sobre a nova folla de ruta que guiará a política de I+D+i de Galicia ata 2027

28/04/2023 | 14:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

Rueda salienta o bo clima de diálogo social en Galicia que permite axilizar e activar inversións industriais

Agradece a colaboración de patronal e sindicatos na reclamación de financiamento europeo para proxectos estratéxicos para a comunidade e tamén na demanda do impulso de “infraestruturas xustas”, como o Corredor Atlántico do Noroeste

26/04/2023 | 20:00 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a futura Lei de artesanía de Galicia para dignificar o labor dos artesáns e poñer en valor as súas creacións

Salienta que a mostra organizada pola Asociación de Artesáns e Comerciantes de Ourives de Galicia, formada por unhas 75 pezas, reúne “un tesouro que é patrimonio de toda a cidadanía galega”