Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

18/05/2023 | 19:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello do Saviñao estudan a implantación do polígono agroforestal de Xesto con preto de 96 hectáreas na parroquia da Broza

O polígono que se proxecta implementar implicaría 143 parcelas de 33 veciños, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios

18/05/2023 | 12:52 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria de Fonteo, no concello lugués de Baleira, tras reorganizar unha superficie de case 150 hectáreas

José González destacou que, grazas a este traballo, a superficie media das parcelas case se triplicou, pasando de 2.697 a 7.304 metros cadrados e de 544 predios a 199 parcelas finais

16/05/2023 | 17:36 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará mañá a Indicación Xeográfica Protexida pan galego no Pequebasket 2023 de Carballo

Trátase dunha xornada para poñer en valor o deporte entre os máis pequenos, especialmente para aqueles que xogan ao baloncesto

16/05/2023 | 14:31 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Monterrei estudan a implantación dun polígono agroforestal de preto de 56 hectáreas na Madanela

O polígono que se proxecta implementar implicaría 496 parcelas de 241 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios

16/05/2023 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta confirma o seu impulso ao viñedo do Ribeiro co inicio do procedemento de aprobación do polígono agroforestal de Castrelo de Miño

O DOG publica hoxe o acordo para impulsar este polígono de Prado, que suporá a mobilización de 160 hectáreas de 372 propietarios, distribuídas en 1.685 parcelas

15/05/2023 | 19:35 | C. do Medio Rural

A Xunta acada o apoio da Asociación Gandeiros Galegos da Suprema á fronte común co sector para esixir ao Goberno central que apoie as demandas de Galicia en relación coa carne

Deste xeito, o colectivo súmase ao acordo acadado esta mañá polo Goberno galego e as asociacións, sindicatos e organizacións agrarias da nosa comunidade para demandar ao Ministerio de Agricultura unha reunión urxente

15/05/2023 | 16:13 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda destaca a importancia do sector primario e das tradicións do agro que identifican o mellor de Galicia

Fixo un chamamento a seguir facendo as cousas “con sentidiño” e ollando cara o futuro con optimismo

15/05/2023 | 14:47 | C. do Medio Rural

A Xunta e o sector agrario demandan unha reunión urxente ao ministerio de agricultura para que rectifique as axudas directas que prexudican os gandeiros galegos

Na xuntanza constatouse que o Goberno central non tivo en conta nin ás comunidades nin ás organizacións agrarias -cando menos ás galegas con representación nacional- á hora de decidir e aprobar unhas achegas que deixarán aos gandeiros galegos tan só cun 25% dos importes previstos

14/05/2023 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta reúnese coa Asociación Galega de Avicultura de Posta para coñecer a actualidade do sector en Galicia

O conselleiro do Medio Rural e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, reuníronse esta semana con representantes da entidade