Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

18/01/2023 | 14:52 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa o Plan Territorial de Destino Turístico do Condado e A Paradanta, centrado na enogastronomía e dotado con 1,5 M€ de fondos europeos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, destacou o apoio do Goberno galego a este xeodestino do interior da provincia na súa presentación na xornada inaugural de Fitur

18/01/2023 | 13:28 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca en Fitur o valor de Galicia como destino enogastronómico de excelencia baseado na sostibilidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou en dúas presentacións levadas a cabo na Feira Internacional de Turismo: “Galicia ao natural” e “Galicia destino sostible: un turismo comprometido”.

17/01/2023 | 11:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza a posta en marcha da III edición da aceleradora de startups turísticas- Turislab 2023

 A finalidade é seguir aumentando a oferta formativa e incorporando novos contidos para optimizar os resultados nas saídas aos mercados e acadar novos casos de éxito

17/01/2023 | 10:12 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia leva a cabo un webinar para solicitar as axudas de eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos galegos

As axudas están destinadas a hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos e poden solicitarse ata o 30 de marzo

14/01/2023 | 13:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta o proxecto de revalorización da Ruta Traslatio para impulsar Galicia como destino turístico náutico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentou esta mañá no Club Náutico de Ribeira, o proxecto que conta con 1,3 millóns de euros para dotar de novos recursos e infraestruturas aos portos deportivos e club náuticos vinculados á Ruta Xacobea

14/01/2023 | 13:00 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
14/01/2023 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará en Fitur 2023 os produtos alimentarios galegos con indicativo de calidade

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural programou para esta feira de turismo diferentes actividades dentro do espazo institucional galego

13/01/2023 | 17:38 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia ao sector turístico de Santiago con 13 axudas para aloxamentos e restaurantes por importe de máis de 220.000 euros

Trenor informou deste programa de Turismo de Galicia no restaurante Pazo Vista Alegre, beneficiario dunha axuda de máis de 12.000 euros para renovar as súas instalacións e o sistema de climatización

13/01/2023 | 14:22 | Axencia de Turismo de Galicia

O DOG publica a orde de axudas para actuacións de mellora nos establecementos de aloxamento e restauración galegos que este ano se incrementan nun 75%

O obxectivo principal destas axudas é incentivar a mellora das instalacións e infraestruturas destes establecementos co fin de consolidar unha oferta turística de calidade