Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

28/08/2023 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pide ao Goberno central que a ABAU deste curso se desenvolva conforme ao modelo actual

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades remite unha carta á ministra de Educación y FP para solicitar o adiamento da aplicación dos novos exames

28/08/2023 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras no CEIP Calvo Sotelo do Carballiño, nas que o goberno galego investiu máis de 101.000 euros

As obras consistiron na substitución da anterior cuberta de fibrocemento por unha nova de paneis de metálicos

25/08/2023 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete melloras en varios centros escolares do Salnés para o curso 2023/2024 cun investimento de preto de 1 millón de euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou das actuacións educativas en marcha na comarca nunha visita ao CEIP As Covas, no Concello de Meaño

25/08/2023 | 11:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arredor de 600 alumnos de ensinanzas artísticas beneficiaranse do modelo plurilingüe

Autorízase un novo ciclo plurilingüe na especialidade de Fotografía e ábrese un novo grupo no de Serigrafía na Escola Ramón Falcón de Lugo

24/08/2023 | 14:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta o investimento da Xunta en materia educativa e patrimonial no rural galego

O Goberno autonómico inviste 400.000 euros na rehabilitación da Igrexa de Santa Comba de Bande, que afronta o seu último impulso para usos culturais e turísticos

23/08/2023 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta instalará placas fotovoltaicas en 61 centros educativos que permitirán aforrar un 30% no consumo

O Goberno galego licita estas instalacións de autoconsumo por máis de 1,7M€ co obxectivo de acadar escolas máis eficientes e respectuosas co medio ambiente

22/08/2023 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorpora 123 docentes máis e completa así a oferta pública de emprego 22-23 dotada con 4000 prazas

O Diario Oficial de Galicia publicará mañá a resolución definitiva das últimas probas realizadas este verán a través de concurso-oposición

21/08/2023 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa as vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos a través do Club de Ciencia

O programa comezou a desenvolverse no curso 2016/17 con dez centros, chegando aos 175 centros participantes no último ano académico

21/08/2023 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras do CEIP Baños de Molgas, nas que a Xunta inviste preto de 25.000 euros

As obras consisten na adaptación de dúas aulas en salas de psicomotricidade para os alumnos de educación infantil e o arranxo do solado existente de baldosa noutra aula e nunha zona común dos profesores

20/08/2023 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros de FP galegos contarán o vindeiro curso con 85 aulas de emprendemento e 42 espazos de tecnoloxía aplicada

As iniciativas, cun investimento total de máis de 1,2 millóns de euros, entroncan directamente cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia