Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

19/01/2023 | 16:27 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta enxalza en Fitur a calidade das materias primas galegas a través das festas gastronómicas como reclamo turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou na segunda xornada da Feira Internacional de Turismo para abordar o sector turístico de Galicia a través das festas enogastronómicas do territorio

19/01/2023 | 15:04 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca en Fitur o avance na dinamización dunha oferta turística sostible, responsable, diversa e con destinos de excelencia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega do premio Premio Pobos Máxicos de España na categoría de Turismo Rural á localidade lucense de Portomarín por converterse en destino turístico de excelencia

19/01/2023 | 15:00 | Axencia de Turismo de Galicia

Luis López pon en valor “o enorme potencial e inmenso caudal natural” de Deza e Tabeirós como ‘destino verde’ de referencia en España

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou hoxe na presentación do xeodestino, impulsada pola ADR Terras de Pontevedra Norte, na feira Fitur en Madrid

18/01/2023 | 20:24 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca en Fitur o papel da Ribeira Sacra e Termatalia como uns dos mellores exemplos do modelo turístico galego, sostible e de calidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou os esforzos da Xunta para posibilitar un desenvolvemento turístico planificado e seguro, que implique á poboación e ao territorio na consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico

18/01/2023 | 19:36 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Gabriel Alén enxalza á provincia de Ourense como referente do turismo enogastronómico e termal

O delegado territorial subliñou que a enogastronomía galega, baseada na calidade da materia prima do produto local e da súa cociña, forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia, da súa identidade como territorio e do seu estilo de vida, polo que resulta un recurso central na promoción na Feira Xantar

18/01/2023 | 18:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta amosa en Fitur o potencial das fervenzas galegas como atractivos sustentables e de calidade para un turismo desestacionalizado

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do catálogo Fervenzas de Galicia, Poema Visual, onde defendeu a comunidade como un destino “de excelencia, con experiencias e vivencias únicas”

18/01/2023 | 17:44 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta en Fitur as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal como referente do turismo slow en Galicia

A través dun convenio coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol valorado en 54.000 euros, o Goberno galego financia accións concretas para a promoción do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas no que no último ano se rexistrou un incremento da ocupación do 41%

18/01/2023 | 17:01 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta en Fitur por seguir potenciando a ruta Traslatio como un produto turístico de calidade baseado no Xacobeo, a natureza e no contacto coa poboación local

Trenor participou na presentación do Plan de sostenibilidade turística da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e afirmou que estamos ante o mellor exemplo de que cando se traballa en equipo, cuns obxectivos claros é posible potenciar novos espazos turísticos

18/01/2023 | 16:10 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro presenta en Fitur os Plans de Sostibilidade Turística que dinamizarán o sector enogastronómico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada dos delegados territoriais de Ourense e Pontevedra, presentou os Plans de Sostibilidade Turística de Enogastronomía dos xeodestinos de Valdeorras e Ría de Vigo e Baixo Miño dotados cada un con 1,5 M€