Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

05/05/2023 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e seco

O avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 2,4 graos, o que supón que fose o abril máis cálido desde 2011

04/05/2023 | 16:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Asime colaboran no impulso da cadea de valor industrial da eólica mariña en Galicia

As dúas entidades asinarán un convenio, cun investimento de 62.000 euros, para a realización de actividades de promoción, difusión e divulgación dunha eólica offshore compatible co medio natural e as actividades vinculadas ao mar

04/05/2023 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia terá este ano 113 praias con bandeira azul, a terceira comunidade con máis galardóns deste tipo

As praias de Caranza, en Ferrol, e O Adro, en Vigo, entran na listaxe por primeira vez

03/05/2023 | 14:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda valora a adhesión de Nueva Pescanova á Alianza Galega polo Clima como mostra de que Galicia aposta por un desenvolvemento económico máis verde

Destaca que coa suma da empresa pesqueira alcánzanse as 60 entidades que nun ano adquiriron en Galicia un compromiso firme coa defensa do medio ambiente

03/05/2023 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba de forma definitiva o proxecto de interese autonómico que permitirá a Sogama seguir mellorando a eficiencia das súas instalacións

Con esta declaración, a empresa pública poderá ampliar a súa actividade a novos espazos e terá máis marxe de actuación para completar dentro da súa infraestrutura industrial o circuíto da reciclaxe dos residuos para avanzar cara á economía circular

03/05/2023 | 12:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo para inscribirse na xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Terá lugar os vindeiros días 23 e 24 de maio e está dirixida a profesionais do eido turístico como técnicos, informadores, guías ou persoal de organismos e entidades que estean en contacto con potenciais visitantes deste espazo protexido

02/05/2023 | 14:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete durante un mes a participación pública o Plan de xestión do monumento natural Costa de Dexo

Ata o 5 de xuño poderase consultar a documentación e presentar achegas no portal de transparencia e na web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

02/05/2023 | 13:46 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta enxalza o intenso labor dos investigadores galegos na recollida de datos para mellorar a xestión das zonas costeiras e prever incidencias

Ángeles Vázquez salienta que Galicia conta con importantes centros de referencia nacional e internacional que traballan na obtención e análise de múltiples parámetros do medio mariño a través de redes como o Observatorio costeiro

02/05/2023 | 13:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de caza en Galicia estenderase con carácter xeral do 15 de outubro deste ano ao 6 de xaneiro de 2024

A Xunta publica a resolución na que se fixan as épocas hábiles para a actividade, os réximes especiais para as diferentes especies e as medidas de control por danos

30/04/2023 | 11:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 160.000 € as actuacións para avaliar o estado de conservación das aves e os seus hábitats en espazos protexidos de Galicia

Intervirase nas 16 Zonas de Especial Protección para as Aves existentes en Galicia, que abranguen un total de 101.134,9 hectáreas e albergan unha grande diversidade da avifauna