Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 764 novas da área temática Benestar:

18/03/2023 | 13:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 7 millóns de euros á adaptación da residencia pública autonómica das Gándaras ao novo modelo de coidados

Crearanse unidades de convivencia para os usuarios, impulsaranse novos espazos de atención sanitaria e renovarase a fachada e as carpinterías exteriores

18/03/2023 | 11:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta grante apoio integral ás persoas vulnerables e con escasos recurso que sofren en Galicia o impacto da crise e a suba de prezos de produtos básicos

Rueda destaca que a Administración autonómica traballa para modificar a Lei de inclusión social de Galicia co obxectivo de evitar que a burocracia derivada da adaptación da Risga ao Ingreso Mínimo Vital prexudique as familias que precisan de axudas
 

17/03/2023 | 17:36 | C. de Política Social e Igualdade
17/03/2023 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade; C. do Medio Rural

Galicia e Asturias reclaman que Europa teña en conta o envellecemento, dispersión da poboación e baixa natalidade á hora de distribuír fondos

Rueda e Barbón piden ao Goberno de España que solicite á Comisión Europea ampliar o concepto de “zonas escasamente poboadas” para que recolla tamén estes factores

17/03/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta en Ourense lembra que está aberta a convocatoria para a creación de novas casas niño

O delegado territorial destacou que a Xunta habilitou preto de 900.000 euros para a creación de dez novos centros que se sumarán aos 95 xa existentes por toda a Comunidade e que o prazo de solicitudes remata o vindeiro 24 de marzo

17/03/2023 | 13:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta organiza unha xornada de portas abertas nas súas escolas infantís de Vite e Santa Susana

As familias interesadas en coñecer estes centros poderán facelo o vindeiro luns, día 20, a partir das 16:30 horas

17/03/2023 | 13:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora na vivenda comunitaria pública de Vilasantar

Destinaranse 36.000 euros para adecuar as habitacións, nas que con anterioridade xa se renovaron todas as camas

16/03/2023 | 18:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrécese a reubicar os 28 maiores do Hospital Asilo de Ribadeo durante as obras de adecuación do inmoble

A Administración autonómica toma a iniciativa e buscará unha nova localización para os usuarios do centro, de titularidade municipal, xa que o Concello non achega ningunha solución

16/03/2023 | 14:51 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cubrirá gastos de desprazamento e manutención a familias de afectados por enfermidades raras que sexan tratados fóra de Galicia

Rueda avanza que o Portal de Transparencia publica hoxe o proxecto da orde que regulará a cobertura do custo das viaxes, sustento e aloxamento