Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

30/05/2023 | 10:58 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo de presentación da solicitude única das axudas da PAC ata o vindeiro día 15 de xuño

A orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia establece tamén que, unha vez finalizado este prazo, os solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 30 de xuño incluído

29/05/2023 | 12:16 | C. do Medio Rural

A Xunta reactiva as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas de particulares

A partir de hoxe, os interesados deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras

29/05/2023 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 600.000 en axudas para gandeiros afectados pola rata toupa

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se establecen as bases reguladoras destas achegas, que se poderán solicitar no prazo dun mes desde mañá

26/05/2023 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca axudas por 750.000 euros para recuperación de soutos de castiñeiros e para as explotacións apícolas en zonas afectadas polos incendios do ano pasado

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe cadansúa orde da Consellería do Medio Rural coas bases reguladoras e a convocatoria destas subvencións

25/05/2023 | 15:00 | C. do Medio Rural

Galicia propón ao Estado que impulse a actualización do catastro e o rexistro da propiedade nas terras abandonadas e beneficios fiscais para a súa posta en produción

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou na 2ª reunión do Grupo de Trabajo sobre la Movilización de Tierras Agrarias Infrautilizadas, integrado pola Administración central e as autonómicas

25/05/2023 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca a sétima edición dos premios Exceleite ás mellores explotacións de vacún de leite de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural

25/05/2023 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca axudas para certames de gando bovino selecto por importe de 200.000 €

O DOG publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que regula estas achegas, destinadas a apoiar a promoción e difusión dos certames de gando bovino selecto criado en pureza en Galicia, incluíndo poxas e concursos oficiais

24/05/2023 | 18:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade; C. do Medio Rural

A Xunta descarta, tras varias inspeccións técnicas, que a praga de moscas do Val estea relacionada coa actividade das granxas da zona

Martina Aneiros lembrou que o control das pragas non é unha actividade prestada pola administración autonómica e que os Concellos son autoridade sanitaria e teñen competencias de control ambiental e sanitario

24/05/2023 | 13:06 | C. do Medio Rural

A Xunta dá comezo á recollida de mostras para a Cata dos Viños, Augardentes e Licores tradicionais de Galicia 2023

Persoal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en colaboración cos técnicos dos consellos reguladores de viños e augardentes, recollerá 462 mostras pertencentes a máis de 180 empresas ata o vindeiro 26 de maio

23/05/2023 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a formación como elemento para a profesionalización do sector agroalimentario galego

José Luis Cabarcos destacou a horta como unha oportunidade de desenvolvemento para Galicia, que se verá reforzada cunha Estratexia sectorial específica e co novo Banco de xermoplasma e a posta a disposición dos agricultores das sementes conservadas