Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas
Así o trasladou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na Comisión 7ª do Parlamento
A Xunta promove unha alianza estratéxica entre a sociedade civil e administracións europeas para reforzar a colaboración internacional no Camiño
O director de Turismo de Galicia preside o acto de firma de acordo entre a federación de asociacións xacobeas Europa Compostela e a Federación Europea do Camiño de Santiago que preside o Goberno autonómico este ano
A consellería de Medio Rural promove a elaboración da Estratexia da planta ornamental e da flor de Galicia a través de mesas de traballo con axentes do sector
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presentou os datos do sector no que Galicia destaca por ser a quinta comunidade produtora de flores e plantas ornamentais, achegando o 9% do valor total nacional
A Xunta pon de relevo a colaboración con AJE Galicia para o fomento do emprendemento e da remuda á fronte dos negocios vertebradores do territorio
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe en Santiago na xornada Emprender, un oficio de risco, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia
A consellería de Sanidade solicita a colaboración da alcaldesa de Moaña no impulso do Centro Integral de Saúde do Morrazo para optimizar a asistencia na comarca
O conselleiro de Sanidade lembra que é preciso que o Concello de Cangas desbloquee a situación e ceda os terreos para poder iniciar os trámites para a execución dun novo centro sanitario de vangarda de referencia no Morrazo
A Escola Galega de Saúde Pública forma persoal dos concellos da provincia de Pontevedra na prevención e control do mosquito tigre
Os concellos de Mos, Vilaboa, Sanxenxo, Marín, Vigo, O Porriño, Cangas, Soutomaior e Nigrán participaron nunha xornada formativa sobre a colocación e recollida de mostras desta especie
Anxo M. Lorenzo destaca o Festival Groba como punto de encontro para a música clásica en Galicia
Esta cita homenaxea o legado do mestre Rogelio Groba, ponteareán sinalado por ser un dos músicos e compositores máis distinguido do século XX
A Xunta entrega equipamento de emerxencias a catro agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comarca do Salnés e Ullán
As agrupacións de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Catoira e Valga contan agora con novo material
A Xunta amplía o crédito destinado a pemes e autónomos galegos logo da boa acollida amosada polo tecido empresarial
A Consellería de Economía e Industria amplía en preto de 6M€ a liña que favorece o financiamento, tanto coa bonificación dos tipos de xuro dos préstamos de xeito moi favorable, como coa obtención de avais sen custo algún
A Xunta informatizará as unidades de críticos dos hospitais do Servizo Galego de Saúde incorporando a intelixencia artificial e un sistema de alertas de apoio ás decisións sanitarias
A posta en marcha completarase entre os anos 2025 e 2026 en cinco áreas sanitarias por un valor estimado de 2,4 M€