Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

20/01/2023 | 13:57 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda salienta a aposta de Galicia por un turismo sostible da man da enogastronomía co obxectivo de consolidarse como destino de referencia na década xacobea

Salienta o balance positivo do Xacobeo e do turismo en xeral na Comunidade e prevé cifras aínda máis optimistas coincidindo cos Anos Santos do 2027 e do 2032

20/01/2023 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a oportunidade que supón para o turismo deportivo a celebración por primeira vez en Galicia do Mundial J-80 de vela

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, participou xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación en Fitur desta competición internacional

20/01/2023 | 13:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o extraordinario valor ambiental, cultural, científico e paisaxístico dos 8 monumentos naturais de Galicia en Fitur

Son a Costa de Dexo, a Praia das Catedrais, o Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, os Soutos da Retorta e de Rozabales, a Carballa da Rocha, a Serra de Pena Corneira e a Fraga de Catasós

20/01/2023 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López amosa o apoio da Xunta a ‘Mar de Santiago’ como novo produto turístico de alcance internacional vencellado ao Camiño de Santiago

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou hoxe na presentación do novo xeodestino da ría de Arousa e o río Ulla na feira de turismo Fitur en Madrid

19/01/2023 | 19:57 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a candidatura da Costa da Morte como destino Starlight nunha aposta pola excelencia turística baseada no coidado e aproveitamento do medio natural

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, defendeu en Fitur a certificación da zona como unha oportunidade para fomentar o astroturismo, unha modalidade de negocio sustentable e responsable cos recursos que se poden atopar no ceo galego

19/01/2023 | 19:07 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta en Fitur unha nova tempada dos trens turísticos de Galicia na que se amplían os prazos e o número de rutas para gozar dos recursos naturais da comunidade

Os delegados territoriais da Xunta en Ourense e Pontevedra, Gabriel Alén e Luis López, avanzaron os detalles desta nova edición dunha iniciativa que comezou no 2013 froito da colaboración de Turismo de Galicia, Renfe e o Inorde

19/01/2023 | 18:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Fitur a Ría Muros-Noia como un destino que unifica os atractivos turísticos de Galicia ao redor do mar, a natureza, a historia e a gastronomía

Trenor participou tamén na presentación da ponencia Terras de Compostela- turismo natural destacando que “este xeodestino é un dos destinos culturais máis relevantes de Galicia polo gran significado que ten o paso das oito variantes do Camiño Santiago”

19/01/2023 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta subliña as potencialidades turísticas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro

Gabriel Alén lembrou que o polbo, o pan, o viño e os recursos termais dentro dun clima, unha orografía, e a biodiversidade do medio, conforman unha paisaxe singular na que conflúen os vales do Avia e do Miño