Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

17/05/2023 | 15:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza galega polo clima impulsada pola Xunta recibe un premio ás boas prácticas medioambientais

A iniciativa recibiu un dos premios creados pola revista Sociedade da Información Dixital para dar a coñecer proxectos sobre o desenvolvemento de tecnoloxías de comunicación e información nas Administracións públicas aplicadas nos servizos á cidadanía

15/05/2023 | 15:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza polo Clima promovida pola Xunta suma o apoio de Espina y Delfín para seguir creando sinerxías na loita contra o quencemento global

Ángeles Vázquez enmarca esta adhesión na conmemoración do Día mundial de acción polo clima e incidiu na necesidade de abordar a cuestión climática desde o punto de vista económico, social e, sobre todo, medioambiental e de saúde

14/05/2023 | 11:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 446.000 € a obra dun novo aparcadoiro no complexo medioambiental de Sogama

Con esta actuación habilitaranse 60 novas prazas de aparcamento e 6 puntos de recarga eléctrica nas inmediacións da planta termoeléctrica das instalacións de Cerceda

11/05/2023 | 15:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta somete a información pública o Anteproxecto de lei de recursos naturais

Subliña que o obxectivo é lograr “que os froitos do aproveitamento dos nosos recursos revertan en Galicia”

10/05/2023 | 15:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta salienta a importancia das investigacións sobre o cambio climático no mar para mitigar o seu impacto

Sagrario Pérez pon como exemplo ferramentas como o Observatorio Costeiro e os proxectos RAIA e CAPTA, que son iniciativas que apostan por avanzar cara ao desenvolvemento sostible e por garantir a economía azul dos nosos mares e costas

09/05/2023 | 12:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas para proxectos na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas por preto de 150.000 €

As subvencións outorgaranse por concorrencia competitiva e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá

08/05/2023 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta actualiza o catálogo de bens en servidume de costas para outorgar maior seguridade xurídica á recuperación do patrimonio construído

Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego pretende que este catálogo sexa unha ferramenta útil e consensuada de cara á posta en valor das edificacións que na actualidade están en desuso

06/05/2023 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta resolve incorporar ao Catálogo Galego de Árbores Senlleiras dúas sequoias, unha sobreira e unha formación de camelias

Ángeles Vázquez explica que o Diario Oficial de Galicia publicará o luns a resolución pola que se cualifican como senlleiros catro novos elementos en Vedra, Barro e Teo

06/05/2023 | 11:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Vilaboa

Os traballos, adxudicados por preto de 27.000 €, incluirán a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo

05/05/2023 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora a senda do Fuciño do Porco como un modelo a seguir que combina a protección ambiental e o uso turístico

Ángeles Vázquez incide na importancia de garantir o equilibrio entre o cada vez maior número de visitantes e a conservación dos valores naturais desta contorna, que está catalogada como Rede Natura 2000