Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

29/09/2023 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o investimento no obradoiro Moaña Labora con 531.000 euros para a formación de persoas desempregadas

A delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este venres o curso Moaña Labora VI e lembrou que xa están aprobadas novas achegas para iniciar de inmediato unha nova edición do obradoiro

29/09/2023 | 13:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a cultura do emprendemento no evento Pont-Up Store que hoxe comeza en Pontevedra

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no acto inaugural da feira

29/09/2023 | 12:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia o emprendemento coa rede de polos e axudas que suman este ano 17,8 millóns de euros

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, interveu hoxe na IV Cumbre da Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (Fedepe) celebrada na Coruña

29/09/2023 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o obradoiro de emprego Lugosostible 5.0, ao que destinou 525.000 €

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que os talleres financiados pola Administración autonómica vinculan aos participantes co mundo laboral e ábrenlles novas perspectivas profesionais en sectores con boa saída

29/09/2023 | 12:20 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 9.000 persoas están chamadas a participar esta fin de semana nos procesos selectivos para 208 prazas de estabilización

Estes procesos derivan da Lei 20/21 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e realizaranse a través do sistema de concurso-oposición

28/09/2023 | 15:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor clausurou os obradoiros de emprego de Ordes e da mancomunidade no que se formaron 40 desempregados para mellorar a súa empregabilidade

O representante do Goberno galego subliñou que estas accións brindan oportunidades aos seus beneficiarios ao abrirlles unha porta ao mundo laboral e contribuír a mellorar os servizos que se ofrecen nas contornas onde se celebran

28/09/2023 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

O delegado territorial da Xunta clausura o Obradoiro Dual de emprego de Vilanova co 50% dos participantes empregados

Os Obradoiros Duais de Emprego combinan a formación teórica coas prácticas remuneradas

28/09/2023 | 15:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor clausurou o obradoiro de emprego Vimianzo no que se formaron 20 desempregados en carpintería e operacións auxiliares de construción

O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as necesidades das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta

28/09/2023 | 10:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina máis dun millón de euros a contratar 33 axentes de emprego e 9 unidades de apoio en entidades sen ánimo de lucro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para que as asociacións contribúan á inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión

28/09/2023 | 10:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a mellora e consolidación de empresas e negocios de autónomos cunha nova edición do programa Galicia Camiño Emprendedor

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no Barco de Valdeorras na primeira etapa desta iniciativa que promove o mentoring combinado co reto de realizar etapas do Camiño