Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

02/06/2023 | 14:50 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará os produtos galegos de calidade diferenciada no evento solidario Estrelas no Camiño de Santiago

Nesta cita participarán unha trintena de chefs españoles e portugueses que suman un total de 72 Estrelas Michelín

02/06/2023 | 14:43 | C. do Medio Rural

A Xunta confirma o seu compromiso co regadío da Limia e agarda que o Goberno central faga o propio

A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural abordou as actualizacións impulsadas pola Xunta ao respecto da modernización do regadío da Limia, coa entrega de 40 pozos e o financiamento das infraestruturas de bombeo

01/06/2023 | 15:17 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra a semana que vén as Catas dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Dende o luns día 5 e ata o venres 9 de xuño vanse catar arredor de 384 mostras procedentes de 166 adegas das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas

01/06/2023 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso para a formación de asesores no módulo de agrotecnoloxía

A iniciativa enmárcase dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, para a formación de asesores co gallo de prestar unha mellor atención á cidadanía

01/06/2023 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta publica os borradores de guía e proxectos de ordenación produtiva de catro aldeas modelo

Trátase do borrador de guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Infesta (Monterrei) e dos borradores de proxecto de ordenación produtiva das de Ferreiros (Ames), Cortegazas (Avión) e Soutogrande (Vilariño de Conso)

31/05/2023 | 15:22 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste na necesidade dunha reunión urxente co Ministerio de Agricultura sobre a discriminación que sofren os gandeiros galegos nas axudas da seca

José González anunciou a convocatoria para o próximo 13 de xuño da primeira reunión do grupo de traballo que se estableceu co sector para analizar cales son os produtores galegos máis prexudicados, pola seca e polos seus efectos no incremento dos custos

31/05/2023 | 13:35 | C. do Medio Rural

A Xunta defende a puxanza do sector lácteo galego no ámbito nacional e europeo que se manifesta no incremento da produción e na suba dos prezos

José González destacou que a nosa comunidade é a rexión que máis aumenta a produción en relación con territorios semellantes dentro de Europa e que mantén máis do 56% das explotacións do conxunto de España

31/05/2023 | 13:06 | C. do Medio Rural

A Xunta estará presente no salón do viño e licores galegos de calidade Vinis Terrae a través de diversas catas e charlas formativas

As catas centraranse nos viños -tanto branco como tinto- e nas augardentes e licores tradicionais premiados nas Catas de Galicia 2022

30/05/2023 | 17:51 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a Lei de recuperación ou a Estratexia do viño para mellorar a competitividade do sector vitivinícola galego

José González destacou iniciativas como os polígonos agroforestais de viñedo, que axudan a soster a viticultura tradicional galega baseada en que os pequenos viticultores poidan ter terra suficiente como para producir de xeito rendible.