Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

10/11/2023 | 10:19 | C. de Sanidade

Sanidade destaca o aumento nos últimos anos do 60% nas prazas de residentes que chegarán ás 638 no vindeiro ano

Así o salienta o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, no II Congreso galego de formación sanitaria especializada, que se celebra no Hospital Universitario Lucus Augusti

09/11/2023 | 17:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

O presidente da Xunta anuncia a incorporación de sete novas patoloxías ao sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias

Destaca que supón ter acceso a unha primeira consulta de especialista e a unha proba diagnóstica en menos de 45 días, e unha intervención cirúrxica en menos de 60 para patoloxías graves de cancros de mama, colon, próstata, pulmón, cabeza e pescozo, vexiga, melanoma, endometrio e oncohematoloxía
 

09/11/2023 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

O delegado territorial da Xunta e o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras reúnense co alcalde de Xinzo de Limia para abordar a situación asistencial da especialidade de Pediatría no centro de saúde

O delegado territorial e o xerente explicáronlle ao alcalde que se intentará cubrir temporalmente con prolongacións de xornada doutros profesionais da contorna mentres se trata de ocupar esa praza mediante a oferta pública de emprego ordinaria

08/11/2023 | 19:30 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade salienta o impulso do Clúster Saúde de Galicia no desenvolvemento do ecosistema de innovación sanitario galego

Así o indicou o titular da carteira sanitaria da Xunta na VIII edición do foro Retos Internacionais do Ecosistema de Saúde 23

08/11/2023 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros avalía cos xefes territoriais os principais investimentos da Xunta nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal nos orzamentos de 2024

A representante do Goberno galego destacou os importantes investimentos en infraestruturas sanitarias, instalacións deportivas ou obras de saneamento que recibirá a cidade e os municipios da zona
 

08/11/2023 | 18:38 | C. de Sanidade

O Sergas reabrirá o consultorio de Goián cun médico e unha enfermeira especialista en atención familiar e comunitaria

Neste centro, o conselleiro de Sanidade dixo no Parlamento que se porá en marcha unha iniciativa piloto onde a saúde comunitaria cobrará unha especial relevancia

08/11/2023 | 18:30 | C. de Sanidade

A Xunta porá en marcha unidades funcionais multidisciplinares da dor no servizo galego de saúde

As unidades estarán conformadas por profesionais de anestesia, neuroloxía, reumatoloxía e enfermería, entre outras especialidades

08/11/2023 | 14:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia un proxecto de humanización das salas de espera dos hospitais de día oncohematolóxicos

Asegura que o obxectivo é facer “mais agradable” o tempo que dura o tratamento da quimioterapia habilitando entornos “amables”, amplos e dotados de mais comodidades

08/11/2023 | 13:37 | C. de Sanidade

Sanidade convoca na oferta 2023-2024 a totalidade das prazas acreditadas relacionadas coa saúde mental

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña destaca, no Parlamento de Galicia, o esforzo da Xunta na contratación de novos profesionais do eido da saúde mental