Actualidade
Buscador de novas
O delegado territorial da Xunta supervisa as obras da senda peonil na rúa Ourense e na súa conexión coa avenida 25 de Xullo, ao paso polos concellos de Maside e do Carballiño
A intervención supón un investimento da Xunta de preto 50.000 euros
A Xunta destina máis de 300.000 euros a reforzar o firme da vía LU-115, que conecta os concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a mellora abrangue toda a lonxitude da estrada, de 11,1 quilómetros, con especial incidencia nos polígonos industriais de ambos municipios e na travesía de Castro de Ribeiras de Lea
Ethel Vázquez salienta que 5 novos concellos solicitaron que a Xunta asuma a xestión das súas depuradoras
Vázquez Mourelle precisa que en breve haberá que renovar os convenios polos que Augas de Galicia vén xestionando 27 depuradoras municipais, como en Cambados, onde o Concello xa se amosou partidario de manter a colaboración
A Xunta comeza hoxe os novos traballos da campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo
Cumprindo co programa inicial, as intervencións na AG-55 iniciáronse polo treito comprendido entre os quilómetros 3+752 e 27+950, na calzada dereita, no carril dereito
A Xunta reclama un Plan Director do Corredor Atlántico con prazos, investimentos e as infraestruturas prioritarias para o noroeste
Vázquez Mourelle fai fincapé na falta de implicación e compromiso do Goberno de España cun proxecto estratéxico para incrementar as capacidades loxísticas e a competitividade económica e empresarial de Galicia
A delegada da Xunta supervisa as obras de humanización e seguridade da estrada PO-330 entre Pereiró e Valadares
Ana Ortiz fixo unha visita aos traballos xa finalizados da nova rotonda de acceso ao Centro Cultural e Veciñal de Valadares e ao novo vial á escola infantil Monte Alba
A Xunta inviste 12.000 euros na mellora da eficiencia e accesibilidade do local da Asociación Veciñal Quince de Agosto de Reza, no concello de Ourense
O delegado territorial detallou que na convocatoria de 2023 foron beneficiarias desta orde de axudas 58 entidades da provincia de Ourense cun importe de 599.397,54 euros
Román Rodríguez reafirma o compromiso da Xunta coa mellora educativa no rural cun investimento de arredor de 430.000 euros no colexio Ortigueira de Vedra
Na visita ao centro, o conselleiro de Educación explicou que a intervención abranguerá unha nova cuberta exterior, un aseo, un almacén e unha gradaría
A Xunta remata as obras de mellora de seguridade viaria na vía de alta capacidade Ares-Mugardos coa substitución das gabias
As actuacións realizáronse tamén na autovía Ferrol-Vilalba e nas estradas AC-563 e AC-564, en Cabanas e na Capela, cun investimento conxunto de máis de 1,1 M€