Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

27/05/2023 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os premios Artesanía de Galicia 2023 para recoñecer a mestría dos artesáns galegos

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases da convocatoria das tres categorías que conforman estes galardóns: Premio Artesanía de Galicia, para unha obra ou colección; Premio Traxectoria, a un artesán de dilatada carreira no sector; e Bolsa Eloy Gesto, destinada á formación de novos talentos

26/05/2023 | 10:15 | C. de Facenda e Administración Pública
25/05/2023 | 18:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta asina a constitución do consorcio europeo de goberno intelixente ‘Govtech4all’ xunto con outros 21 organismos de 15 países

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o concello de Madrid e a Deputación Foral de Biscaia son os catro integrantes españois deste consorcio

25/05/2023 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a publicación, distribución e comercialización de 390 obras de 47 editoriais galegas

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da orde de axudas da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades cun investimento de 200.000 euros

24/05/2023 | 15:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Vigo a aposta pola transformación dixital e sustentable do tecido industrial

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou en Vigo na xornada 15 temas estratéxicos para o futuro de Galicia, celebrada no Círculo de Empresarios

24/05/2023 | 13:54 | C. de Economía e Industria

A Unidade mixta de Emenasa e Anfaco-Cecopesca que apoia a Xunta reforza a competitividade da industria alimentaria aplicando novas tecnoloxías ao control de calidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Vigo nun encontro sobre esta iniciativa que permite coñecer as propiedades físicas e químicas dos alimentos

23/05/2023 | 15:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Madrid a BFMedicines como exemplo de colaboración público-privada no descubrimento de fármacos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou na XVI Conferencia anual de plataformas de investigación biomédica, onde tamén expuxo as accións do programa Ignicia para impulsar a chegada dos resultados da ciencia ao mercado

23/05/2023 | 15:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o compromiso de Magnesitas de Rubián coa eficiencia enerxética e a sustentabilidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou no Incio as instalacións da compañía, da que dependen 60 empregos directos e indirectos

22/05/2023 | 14:10 | C. de Economía e Industria

Trenor anima aos coruñeses a aproveitar o Bono Activa Comercio da Xunta

O delegado da Xunta visitou o establecemento La Bellota con motivo do lanzamento da terceira edición desta iniciativa, que mobilizará 8,5 millóns de euros