Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 764 novas da área temática Benestar:

27/03/2023 | 13:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede a Amicos 1,2 M€ para ampliar as prazas da súa residencia nun 70 %

Dotarase de 25 novas prazas de atención residencial para chegar ata as 62

26/03/2023 | 11:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova a súa colaboración coa xornada de convivencia anual de Asfega

Destaca a importancia deste tipo de eventos para concienciar e sensibilizar sobre as enfermidades metabólicas hereditarias

25/03/2023 | 12:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará o equipamento do novo centro social municipal para persoas maiores de Arbo

O Goberno galego tamén inviste 270.000 euros nas obras de acondicionamento do edificio que albergará este recurso e cuxa xestión dependerá do Concello

24/03/2023 | 15:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abrirá a principios do vindeiro ano o primeiro centro de coidados intermedios público no Cegadi

Contará con 60 prazas de atención agrupadas en catro unidades de convivencia para un máximo de 15 persoas cada unha delas

24/03/2023 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora nas dúas escolas infantís e no centros de día público do Porriño

O investimento nas actuacións programadas nos tres centros ascende a 55.000 euros

23/03/2023 | 17:52 | C. do Medio Rural

A Xunta dinamiza o núcleo rural da aldea modelo de Trascastro, no concello do Incio, para contribuír ao seu desenvolvemento económico e á fixación de poboación

A aldea modelo de Trascastro foi a primeira decretada na provincia de Lugo e abrangue unha superficie de 14 hectáreas dividida en 136 parcelas, propiedade de 82 veciños

23/03/2023 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o labor de UNICEF en materia humanitaria e de cooperación exterior con 1,5 M€ nos últimos anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe co presidente executivo de UNICEF España

23/03/2023 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén a casa niño de Dozón por sexto ano consecutivo cunha achega de case 25.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Adolfo Campos, visitaron esta mañá o centro Pequeniños, dirixido por Ylenia Varela e que ten completas as súas cinco prazas de atención infantil para cativos de 0 a 3 anos