Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 85 novas da área temática Xacobeo:

24/06/2023 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda anima á mocidade a sumarse a outro ano turístico de récord co inicio na próxima semana do programa Xacobeo Xove

Subliña que a Xunta achegará descontos de ata 200 € aos mozos que contraten un paquete turístico para realizar o Camiño de Santiago nunha axencia de viaxes

20/06/2023 | 20:00 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda enxalza o presente e o potencial turístico dunha Galicia que apunta a seguir batendo récords de viaxeiros e de ocupación hoteleira no 2023

Subliña que a Comunidade “está aberta a todo o mundo” porque son moitos os seus atractivos e porque “queda moito por descubrir”

10/06/2023 | 14:40 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia
09/06/2023 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta colabora coas XVI Xornadas Abrindo Camiño, que este ano enxalzan a figura da mestra mindoniense en Cuba Andrea López Chao

Mondoñedo e a parroquia vilalbesa de Santaballa acollerán os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo as actividades programadas no marco deste encontro, adicado ao Camiño de Santiago e a emigración

08/06/2023 | 19:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago o labor de manter vivo o “rico patrimonio cultural e histórico” da Ruta Xacobea

Destaca o seu “esforzo colectivo para reforzar os valores da peregrinación e contribuír a que sexa máis universal, aberta, dialogante e hospitalaria”

08/06/2023 | 14:51 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

O programa Xacobeo Xove ponse en marcha en xullo con descontos de ata 200 € á mocidade en establecementos turísticos do Camiño

O obxectivo do programa é fomentar as rutas xacobeas como experiencia turística para a xuventude galega

05/06/2023 | 14:47 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

O novo albergue público de Ferrol vai consolidar e impulsar o Camiño Inglés que xa é a cuarta ruta xacobea con máis peregrinos

Rueda subliña que estará en marcha en xullo e que vai ser o centro con maior capacidade nesta ruta ao contar con 60 prazas

25/05/2023 | 20:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta leva a cabo en Pontevedra unha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas coa participación de Amaranta Rodríguez, María Fontán e Desirée Vila

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que tivo lugar esta tarde na sala de conferencias da delegación da Xunta na cidade capitalina