Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

27/05/2024 | 18:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita ao Concello de Lugo colaboración para os proxectos de creación de vivenda pública no municipio

A permuta de parcelas ou a rehabilitación da Tinería centraron unha reunión mantida hoxe entre representantes e técnicos de ambas Administracións

25/05/2024 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/05/2024 | 16:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta esixe que a Lei de Vivenda garanta a seguridade xurídica dos propietarios

A conselleira subliña que Galicia conta xa cun decreto que regula o uso das Vivendas de Uso Turístico

21/05/2024 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Martínez Allegue avanza que a Xunta construirá 66 novas vivendas de promoción pública en Ourense, que suporán un investimento de máis de 11 M€

Martínez Allegue sinala que a Xunta presentou ante o Concello de Ourense a solicitude de licenza para executar estas vivendas na praza de Cambedo de Raia, cuxas obras se licitarán no verán

19/05/2024 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O secretario xeral de Vivenda da Xunta incorpórase á comisión executiva da Asociación Española de Xestores Públicos de Vivenda e Solo

Heriberto García Porto foi elixido para o cargo na asemblea xeral da asociación, celebrada en Madrid

15/05/2024 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reivindica a xestión do Bono Alugueiro da Mocidade, que esgotou crédito con máis de 5.000 axudas concedidas

Martínez Allegue cualifica de “exemplar” a xestión e subliña que o Goberno galego cumpriu “rigorosamente” tanto coa tramitación como cos prazos, tendo executado a totalidade dos fondos asignados a Galicia nun prazo de tres meses desde que rematou o prazo de presentación de solicitudes: “Todos os bonos de alugueiro para a mocidade concedidos pola Xunta están pagados”

13/05/2024 | 15:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca que a Xunta acelera os trámites para a construción de 560 vivendas protexidas na Coruña

Salienta que o Goberno autonómico remitirá a próxima semana ao Concello da Coruña o documento de modificación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para incrementar as vivendas protexidas no barrio de Xuxán

11/05/2024 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro social na Tinería de Lugo

A Xunta dispón neste barrio lucense de 96 vivendas destinadas a alugueiro social con prezos que van desde os 90€ ao mes, nas que se investiron 26M€ 

08/05/2024 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/05/2024 | 12:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos cun investimento global de arredor de 14 M€

Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021 xa chegaron a 283 dos 313 municipios galegos, máis do 90% do total