Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

20/11/2023 | 18:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o papel da Base Topógrafica Urbana Galega no desenvolvemento da cartografía do resto do territorio español neste eido

As bases topográficas do territorio son o produto cartográfico máis importante para a xestión do territorio

18/11/2023 | 16:36 | C. do Mar

A Xunta e a cadea mar-industria denuncian os efectos negativos na actividade pola inseguridade xurídica xenerada polo recurso contra a Lei do Litoral Galega

O conselleiro do Mar destaca que finalmente o goberno do Estado recorreu só o 15% do articulado da norma autonómica o que demostra o rigor xurídico co que foi elaborada e tramitada

16/11/2023 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén lembra que está aberto o prazo de solicitudes de axuda para a posta en marcha de actuacións preventivas dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes

O punto de auga está emprazado nos terreos das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) das parroquias de Araúxo (San Martiño), Lobios (San Miguel), e San Paio de Araúxo (excepto Puxedo e Quende); San Martiño; e Gustomeao, A Regada e Saa

15/11/2023 | 18:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola cooperación e o diálogo entre administracións fronte á priorización duns territorios sobre outros só por intereses partidistas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, clausurou a XI Asemblea Ordinaria da Federación Galega de Municipios e Provincias, onde reafirmou o compromiso do Goberno galego para apoiar aos concellos cun investimento récord de 602M€ o próximo ano

10/11/2023 | 12:26 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Trazo traballan conxuntamente para a posta en valor de terras en estado de abandono

José González, acompañado por Inés Santé, e Josefina Suárez analizaron as diferentes ferramentas da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia e, en vindeiras datas, o titular do Medio Rural manterá un encontro con veciños para presentarlle as súas vantaxes

07/11/2023 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anuncia a adxudicación do plan e do proxecto de urbanización que permitirán ampliar en 162.000 m2 o polígono industrial de Toedo, na Estrada

Ángeles Vázquez subliña que o próximo ano se redactarán ambos documentos co obxectivo de poder iniciar as obras de urbanización do novo ámbito en 2025 e avanzar en paralelo no asentamento das empresas interesadas nesta área industrial

02/11/2023 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
31/10/2023 | 17:15 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello de Rois afianzan o seu compromiso en materia de recuperación e posta en valor do territorio

Na xuntanza valorouse a posibilidade de levar a cabo unha concentración parcelaria neste municipio ou outros instrumentos de mobilización de terras para usos agrícolas, gandeiros e forestais

26/10/2023 | 15:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca o 6 de novembro aos concellos da área de Pontevedra para avaliar os avances dos trámites municipais de cara á constitución dun ente para a xestión do abastecemento en cogobernanza

O obxectivo da reunión, que se celebrará na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, é avaliar o estado desa tramitación, unha vez comunicado desde a Xunta o 2 de agosto o inicio dos trámites para a configuración do futuro ente supramunicipal

22/10/2023 | 11:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica preto de 70.000 metros cadrados de solo empresarial en 5 polígonos industriais

O importe de adxudicación foi de 7,15 millóns de euros despois de descontar as bonificacións aplicables sobre o prezo de venda, por máis de 3,3 millóns de euros