Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 278 novas da área temática Formación:

13/02/2024 | 11:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta bota man da realidade virtual para impulsar o traballo en equipo no marco do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no evento ‘NeoSkills: realidade virtual para o desenvolvemento das competencias’ organizado desde o Polo porriñés

12/02/2024 | 10:53 | Secretaría Xeral de Emigración

O Programa Escolas Abertas continúa facilitando aos galegos do exterior o acceso a nosa cultura a través das actividades dirixidas aos docentes das entidades galegas na diáspora

Este programa ten coma obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais ou cociña galega

12/02/2024 | 10:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca 59 cursos de formación continua para persoal da Policía Local con máis de 1.700 prazas na programación do primeiro semestre deste ano

A través da Academia Galega de Seguridade Pública Impartiranse preto dun milleiro de horas lectivas en accións formativas presenciais, semipresenciais e en liña

22/01/2024 | 15:11 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia Tributaria de Galicia ofrecerá charlas formativas de educación cívico-tributaria ao alumnado de primaria

O obxectivo é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal desde idades temperás

27/12/2023 | 20:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia o programa ‘Lideramos’ con 150 participantes en toda Galicia para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Pontevedra no arranque deste programa, no marco do que se organizarán obradoiros e clases maxistrais, así como sesións de networking ou titorizacións individualizadas

27/12/2023 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e FEUGA asinan un acordo para a posta en marcha do novo sistema de xestión da cotización das prácticas de formación profesional

A través deste sistema, centros educativos e empresas quedan eximidos da xestión e do custo das altas en baixas do alumnado na Seguridade Social

26/12/2023 | 16:28 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o fomento das vocacións científicas entre o estudantado que impulsa o CIS Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Ferrol o campamento científico no que participan esta semana preto de 40 alumnos e alumnas de ESO

23/12/2023 | 10:31 | C. de Facenda e Administración Pública

O programa de voluntariado dixital da Xunta facilita a doazón de equipos informáticos a tres asociacións sen ánimo de lucro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia facilita a doazón de 30 equipos por parte da consultora multinacional NTT DATA á Asociación de veciños de A Pontenova, Asociación Espazo Aberto Galiza e Asociación Ambar

19/12/2023 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con 561.000 euros un novo obradoiro que comeza hoxe en Baralla, Becerreá e As Nogais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, clausurou o anterior taller e participou na presentación do actual, que formará a 20 persoas desempregadas en labores de albanelería