Actualidade
Buscador de novas
Conservas Lago Paganini, nova empresa que conta co certificado de Galicia Calidade para os seus produtos
A xerente do organismo visita as instalacións en Bueu, coa que a Xunta suma así preto de 170 empresas adheridas e 850 produtos avalados co seu selo de garantía
A Xunta afonda na internacionalización dos produtos pesqueiros coa promoción da calidade e sabor do peixe e marisco galegos na Seafood Expo Global
O titular de Mar visitou o stand da Consellería do Mar no que están presentes 38 empresas expositoras que dispoñen dun centro de negocio no que manter encontros con potenciais clientes
A Xunta apoia a celebración da XV Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto, que nesta edición amplía programa e participación de artesáns
A cita foi presentada pola secretaria territorial da Xunta en Lugo, quen destacou a implicación de Artesanía de Galicia no evento co obxectivo de poñer en valor estes oficios tradicionais
A Xunta activa unha nova edición do Bono Activa Comercio dotada con 2,5 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a quinta edición desta iniciativa, que permitirá mobilizar 12 M€ en compras nos establecementos de proximidade
A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da cestería e da marca Artesanía de Galicia
A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóianse tres cursos de ‘Cestería con cables de cores’ impartidos pola cesteira Belén Martínez, de Casa Atlântica, entre o sábado e o domingo no espazo Cocol Madrid
Lorenzana ve no Galicia Fórum Gastronómico o mellor escaparate para enxalzar a calidade dos produtos galegos
Galicia Calidade conta cun expositor propio con degustacións, catas e presentacións dos produtos certificados polo selo máis seis empresas da marca que dispoñen dun espazo independente
A Xunta define o Galicia Fórum Gastronómico como “unha unión da tradición, a innovación e a paixón” que permite poñer en valor a nosa calidade alimentaria
José González expresou o seu desexo de que o Fórum sirva como catalizador para fortalecer as nosas producións e promover un crecemento sostible deste eido
A Xunta apoia a celebración na Coruña dos Días Europeos da Artesanía con demostracións e obradoiros de oficios artesanais no Centro Ágora
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a iniciativa Oficios en Acción, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación
Alfonso Villares reclama ante a frota do cerco a revisión á alza das cotas pesqueiras establecidas en augas comunitarias para este ano
O titular de Mar sostén esta demanda no contido do ditame emitido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que avala a decisión adoptada polos 27 na que se fixaban os TAC no ano 2020