Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 337 novas da área temática Comercio:

10/06/2024 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca oito cursos de formación especializada que se celebrarán no Corazón da Artesanía de Agolada

A Fundación Artesanía de Galicia organiza cursos centrados na cestería, na olería tradicional de Buño, na tapicería, no bordado ou no debuxo e mais un obradoiro práctico sobre decoración de mesas

06/06/2024 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A nova edición da campaña Días Azuis da Xunta e a Federación Galega de Comercio sorteará 20.000 euros en premios para estimular a demanda no sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación desta iniciativa que terá lugar entre o 10 e o 30 de xuño e que está aberta aos arredor de 20.000 comercios de Galicia

04/06/2024 | 12:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta volverá encher de artesanía, gastronomía e música os pendellos de Agolada co ‘Corazón da Artesanía’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na presentación do XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebrará do 5 ao 7 de xullo  

03/06/2024 | 17:38 | C. de Sanidade

Sanidade actualizará as actividades do Rexistro de empresas e establecementos alimentarios e incorporará todas as realizadas no comercio polo miúdo

Deste xeito, engádense ao Rexistro os locais ambulantes ou provisionais como son as carpas, os almacéns de apoio e as instalacións nas que se realizan operacións de venda á persoal consumidora final

03/06/2024 | 17:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 2,5 M€ á posta en marcha de dous centros dixitais que mellorarán a competividade das pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que busca facilitar ás pequenas e medianas empresas o acceso a dotacións dixitais e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades

31/05/2024 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor A Noite Branca da Coruña como evento dinamizador do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo asistiu a esta xornada organizada pola asociación comercial Zona Obelisco e lembrou que ata o 24 de xuño os centros comerciais abertos de toda Galicia poden solicitar as axudas para impulsar a súa innovación e dinamización

25/05/2024 | 14:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González reafirma no Día do Mercado de Galicia o pulo da Xunta para potenciar as prazas de abastos e sinala que son clave para dinamizar o emprego local

Salienta que a Xunta traballa para darlle ao comercio de proximidade a relevancia que se merece e avanza a convocatoria en verán das axudas a concellos e asociacións de comerciantes para a mellora de instalacións e equipamentos

25/05/2024 | 14:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ con actividades e promocións nos mercados coruñeses

Na xornada celebráronse diversas actividades entre as que destacan actuacións musicais, sorteo de cestas de produtos, obradoiros infantís ou concurso de debuxos