Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 86 novas da área temática Audiovisual:

22/06/2023 | 19:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Clan TV estrea o luns a serie infantil de Portocabo e RTVE ‘Los argonautas y la moneda de oro’, rodada en Galicia co apoio da Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asiste no Teatro Colón da Coruña á ‘première’ deste novo título da produtora galega no marco do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual do Goberno autonómico

16/06/2023 | 12:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia estrea as películas filmadas por 74 estudantes de catro centros de ensino no marco do programa Cinema en Curso

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais asiste á proxección na cinemateca da Xunta, centro que coordina este proxecto internacional de pedagoxía audiovisual

14/06/2023 | 19:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A serie Rapa volve mañá á emisión en Movistarplus+ cunha segunda temporada rodada en Ferrol por Portocabo co apoio da Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a delegada territorial Martina Aneiros asisten á estrea no Teatro Jofre xunto a gran parte do seu elenco, conformado por Javier Cámara, Mónica López, Evaristo Calvo, Melania Cruz ou Carlos Blanco

08/06/2023 | 15:05 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o éxito de Galicia Ilusiona que consolida a Galicia como capital mundial do ilusionismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que xa é un referente mundial dentro do mundo da maxia

06/06/2023 | 15:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A décima edición do Festival de Música Clásica Bal y Gay levará este verán 13 concertos a espazos emblemáticos da Mariña lucense co apoio da Xunta

Nos seus 10 anos de traxectoria consolídase como referente da música clásica do norte de España cunha programación “que este ano combinará de forma maxistral artistas consagrados con mozos de proxección mundial”, expresa Anxo M. Lorenzo

05/06/2023 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia percorre neste xuño a etapa alemá de Douglas Sirk e a obra cinematográfica de Javier Codesal

A cinemateca da Xunta abrirá este xoves coa fita Evangelio mayor a mostra máis completa da produción fílmica do artista multidisciplinar español

04/06/2023 | 10:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a creación contemporánea coa convocatoria de catro axudas de 8.000 euros para artistas que desenvolvan proxectos no Gaiás

Poderán participar na convocatoria de residencias na Cidade da Cultura propostas vinculadas ás artes visuais, escénicas, musicais e ao deseño

25/05/2023 | 17:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Universidade de Vigo presentan un vídeo para concienciar sobre a función dos insectos polinizadores e a necesidade da súa preservación

A Illa dos polinizadores é unha peza audiovisual enmarcada no proxecto LIFE insular, que ten como fin a restauración integrada dos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora

22/05/2023 | 14:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga polo impulso das vocacións femininas e a diversidade no cine e colabora no desenvolvemento da I Residencia creativa do Festival de curtas FICBUEU

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participaron na presentación deste programa formativo no que tomarán parte creadoras e creadores audiovisuais

20/05/2023 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita á organización do festival de Cans, ao que lle desexa outros 20 anos de historia

O conselleiro de Cultura visita a cita do Porriño que celebra hoxe a súa última xornada despois de medio centenar de estreas e actuacións musicais