Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 371 novas da área temática Administración pública:

20/06/2024 | 15:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta pola axilización e a desburocratización como base da política empresarial da Xunta

A conselleira de Economía e Industria visitou hoxe o concello de Ordes para coñecer de primeira man as súas necesidades de solo industrial

20/06/2024 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na reforma da Lei de administración local de Galicia para dar respostas ás demandas actuais da cidadanía

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou que a norma, da que xa se elaborou o borrador, adaptarase á realidade demográfica galega actual co obxectivo de garantir a calidade da prestación dos servizos municipais

19/06/2024 | 21:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A conselleira Martínez Allegue asiste en Santiago á recepción con motivo da celebración da Festa Nacional do Uruguai

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde neste acto que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos

18/06/2024 | 13:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña o compromiso cunha Galicia plenamente integrada nunha España constitucional e nunha Europa forte e unida

Fai fincapé nunha xestión rigorosa que permite manter uns servizos públicos de calidade

17/06/2024 | 18:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A asociación veciñal ‘Os Seis Muíños’ de Lugo mellorou o local social de Santalla de Lamas co apoio da Xunta

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explica que se construíu no exterior unha soleira de formigón e habilitáronse dúas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida 

14/06/2024 | 12:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia melloras nunha decena de entidades veciñais nas comarcas de Ferrol e Ortegal

 A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá os traballos realizados no local da asociación de veciños Cuco Ruíz de Cortázar de Ferrol, unha das nove asociacións da área ferrolá beneficiarias das subvencións do Plan específico de acción comunitaria

13/06/2024 | 15:37 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias: “Aquí a única que cambia de guión é a alcaldesa que hai 15 días aplaudía o proxecto da Xunta para o barrio do Sagrado Corazón”

O delegado territorial lembra que a alcaldesa valorou positivamente o plan autonómico na presentación hai quince días, “manifestando que a Administración local non tiña intención de situar alí ningunha dotación máis”