Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.096 novas:

24/07/2024 | 15:58 | C. do Medio Rural

A Xunta declara catro novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas da provincia de Ourense

Cómpre sinalar que nestes momentos existe unha vacina autorizada fronte ao virus da EHE, desenvolvida pola galega Zendal, que se espera que estea nos próximos días nos establecementos minoristas para a súa venda

24/07/2024 | 15:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no festival Asnot de Padrón

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun sancosmeiro tradicional da sombreireira holandesa Amber van Thull

24/07/2024 | 15:48 | Axencia de Turismo de Galicia

O faro de Corrubedo abre este venres o ciclo de concertos ‘Mar aberto’ impulsado pola Xunta

A programación do festival organizado por Turismo de Galicia ábrese con Señora DJ, Ute Lemper e Marem Ladson e o 27 con Rapariga DJ, Céu e Brais Morán & Nasaufunk

24/07/2024 | 15:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Ortiz destaca o compromiso da Xunta co festival Iacobus Maris Experience para “converter a Vigo en parada dos grandes veleiros”

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou o evento que se celebra no peirao de Trasatlánticos do 24 ao 28 de xullo

24/07/2024 | 15:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
24/07/2024 | 15:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a necesidade de que pemes e autónomos accedan ao crédito nas condicións máis vantaxosas

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou Codeor, unha empresa familiar especializada na fabricación de calzado para uso laboral e que vén de beneficiarse da liña de acceso ao crédito da Xunta, que este ano ampliou o seu orzamento ante o interese amosado polo tecido empresarial

24/07/2024 | 15:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na Feira do Libro de Rianxo

O director xeral de Cultura participa na inauguración da novena parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías que percorre Galicia ata agosto

24/07/2024 | 15:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra que o CESGA logre captar 47 M€ de Fondos Europeos porque demostra “a gran calidade do seu proxecto e o liderado de Galicia”

A nosa Comunidade consigue o 75% do total de fondos repartidos entre todos os membros da Rede Española de Supercomputación (RES) a partir do PERTE Chip

24/07/2024 | 14:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para potenciar a atención das persoas consumidoras

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de presencia no Consello Galego de Consumidores e Usuarios de Galicia

24/07/2024 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello de Vigo continúa coa rehabilitación do Berbés e inicia a venda de dúas promocións de vivenda pública na zona alta do barrio

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o comité executivo e o consello de administración