Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

18/09/2023 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
18/09/2023 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza en treitos interurbanos de cinco ríos en Cariño

As tarefas están a levarse a cabo no río Murela, no rego do Seixo, e en tres ríos innominados, no seu percorrido por distintos lugares do municipio
 

18/09/2023 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia novas obras para completar a cuneta de seguridade na estrada AC-190 nos Regos, en Oleiros

O obxectivo desta intervención, cun orzamento de máis de 44.000 euros, é transformar en cuneta de seguridade unha cuneta profunda nas marxes desta vía autonómica

17/09/2023 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-101 en Ourense e avanzará nas actuacións en marcha en vías das 4 provincias

Proseguirán as tarefas en execución nas marxes da autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño, e na vía de altas prestacións CG-1.5, en Brión e Noia

16/09/2023 | 11:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adaptará a partir deste luns os servizos das 9 liñas de autobús afectadas polas obras da estrada provincial EP-8504 ao paso por Padrón e Valga

Para garantir os desprazamentos dos usuarios, a Xunta realizou axustes nestas liñas nos dous municipios afectados

16/09/2023 | 10:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras para ampliar a rede de saneamento de Begonte na parroquia de Carral, ás que destina preto de 229.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se están a executar os traballos de dotación deste servizo no lugar do Marco

15/09/2023 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora o firme da PO-400 ao seu paso polos concellos das Neves, Arbo e Crecente cunha actuación de preto de 3 M€

O delegado territorial lembrou que a seguridade viaria é unha prioridade para o Goberno autonómico e por iso traballa para manter as vías nas mellores condicións posibles
 

15/09/2023 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o contrato para a prolongación da autovía Santiago-A Estrada entre A Ramallosa e Pontevea, que comezará en outubro

As obras foron adxudicadas por máis de 27,2 M€ e teñen un prazo de execución de 20 meses

15/09/2023 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de mellora de infraestruturas do polígono industrial do Barco de Valdeorras, que conta cunha axuda de 120.000 €

Gabriel Alén destacou que 8 parques empresariais de 7 concellos da provincia de Ourense (A Gudiña, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Vilamarín e O Barco de Valdeorras), foron beneficiarios das axudas da Xunta para impulsar a súa competitividade cun total de preto de 612.000 euros