Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

16/11/2023 | 12:32 | C. de Sanidade

A xerente do Sergas remarca a importancia de ofrecer unha medicina integral e avanzada que atenda ás necesidades da cidadanía

Así o sinala nunha xornada sobre innovación na xestión da saúde, e que reúne a profesionais do sector sanitario para abordar os últimos avances en saúde dixital

15/11/2023 | 13:30 | C. de Sanidade

O Sergas deseña un novo modelo de asistencia ás persoas con diabetes mellitus tipo 2 que inclúe un plan preventivo individualizado con recomendacións de alimentación e estilos de vida saudables

Esta actualización do Proceso Asistencial Integrado servirá de guía aos profesionais e proporcionaralles ferramentas ás persoas con diabetes mellitus tipo 2, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida

15/11/2023 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca aos titulares do terreos afectados polas obras dos accesos ao novo CHUAC

Co levantamento das actas de ocupación, continúase avanzando na tramitación para a execución dos novos viarios, que afectan a 17 parcelas das cales 3 son de titularidade municipal

15/11/2023 | 12:50 | C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG os actos expropiatorios para a construción do novo Hospital público da Coruña

As expropiacións, que suporán un investimento de 17 M€, permitirán seguir avanzando neste proxecto declarado de interese autonómico que permitirá a execución do Novo CHUAC
 

14/11/2023 | 17:02 | A Presidencia da Xunta
14/11/2023 | 14:09 | C. de Sanidade

O Sergas convértese no primeiro servizo sanitario que resolve o proceso selectivo de estabilización, por concurso de méritos, na categoría de Enfermaría

Neste proceso resultaron nomeados como persoal estatutario fixo 459 enfermeiras/os aos que se lle adxudica destino definitivo no Servizo Galego de Saúde e desde a xornada de mañá poderán tomar posesión da praza

14/11/2023 | 13:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda sitúa Galicia á vangarda e como referente na investigación e nos tratamentos oncolóxicos

Destaca que a Comunidade galega é pioneira en estender os programas de cribado contra o cancro e estará entre as máis avanzadas no deseño e na implantación de tratamentos de última xeración