Actualidade
Buscador de novas
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle á tartaruga Ferdylan para a súa recuperación
Permanece no Igafa xunto a Nemiña, que chegou ao centro en decembro do ano pasado, en observación e baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) para devolvela ao medio natural cando estea plenamente rehabilitada
A Xunta remata a modernización da fábrica de xeo do porto de Cambados cun investimento de 600.000 € a prol da Confraría de Pescadores San Antonio
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, supervisaron esta mañá unha actuación orientada á mellora da eficiencia enerxética desta instalación de frío, a produción de xeo en escamas e a reconversión dos seus xeradores
A Xunta anima a consumir peixes e mariscos galegos nas rutas gastronómicas da campaña ‘Galicia sabe aMar’ que chegará a toda España
Os catro itinerarios pasarán por un total de 260 municipios vencellados co Camiño de Santiago e que suman arredor de 13 millóns de habitantes
Un estudo elaborado pola Xunta incide na importancia de difundir a información oceanográfica entre os sectores vinculados coa economía azul
O informe foi realizado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar no marco do Observatorio Costeiro do Executivo galego e do proxecto europeo Atlazul e analiza as necesidades de datos de orixe mariña dos colectivos relacionados co mar para optimizar e potenciar a súa actividade
Os profesionais do mar retiraron co apoio da Xunta máis de 235 toneladas de lixo mariño no último trienio
A limpeza de Vilaboa enmárcase nun dos 23 proxectos desenvolvidos nos últimos tres anos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños cunha achega pública global de máis de 1,2 millóns de euros
Galicia pide ao Goberno central unha solución global e uniforme para a frota de cerco do Cantábrico ante a limitación da cota de xurelo para este ano
A Xunta lembra que é o Estado quen ten as competencias sobre o reparto no caladoiro nacional e que debe habilitar medidas para paliar un axuste que afecta tanto á frota galega como á asturiana, a cántabra ou a vasca
A Xunta amplía en máis de 130 quilómetros a superficie destinada á extracción de mexilla no litoral de Galicia
Esta medida enmárcase dentro dun paquete de actuacións posto en marcha pola Consellería do Mar para paliar a escaseza de semente deste molusco bivalvo nas costas da comunidade
A Xunta inviste 224.000 euros en distintas melloras no porto de Laxe para facilitar a actividade dos usuarios
Unha destas actuacións é a rehabilitación de fachadas e estrutura da nave de departamentos que se está a executar por importe de arredor de 90.000 euros