Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

09/06/2023 | 12:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta achega ao alumnado galego o funcionamento de Sogama con realidade virtual e xogos interactivos

Ángeles Vázquez subliña que estas novidades didácticas pretenden tanto dar a coñecer a actividade que se leva a cabo no complexo medioambiental, como concienciar aos máis novos da importancia de xestionar correctamente os residuos

07/06/2023 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora o traballo dos axentes ambientais no seguimento e avaliación de danos por lobo

Belén do Campo incide na importancia de valorar in situ os feitos como inicio do procedemento para a posible concesión de axudas polos prexuízos sufridos

07/06/2023 | 12:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou unha primavera meteorolóxica moi cálida e seca

Ángeles Vázquez pon en valor o radar meteorolóxico de Cuntis como unha das principais ferramentas para a realización das predicións de MeteoGalicia

07/06/2023 | 11:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Lugo a aposta pola xestión responsable dos recursos naturais para impulsar cadeas de valor eficientes, innovadoras e colaborativas

O director do Igape, Fernando Guldrís, inaugurou a xornada do ciclo Capacita Directivos Galicia con valor engadido, onde subliñou o compromiso do Goberno galego coa “transformación dixital e sustentable” do tecido produtivo da Comunidade

06/06/2023 | 15:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta asesora ao persoal municipal dos concellos adheridos ao Pacto das alcaldías polo clima sobre as seguintes fases a desenvolver no marco desta iniciativa

Galicia conta xa con 285 concellos adheridos a esta iniciativa, dos que o 87 % xa deseñaron un Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable

06/06/2023 | 12:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os socios do proxecto europeo GIFT, liderado por Galicia, comezan a traballar co reto de establecer medidas para avanzar na infraestrutura verde

Ángeles Vázquez subliña que, a través da cooperación interrexional, as 10 entidades implicadas buscarán nos vindeiros 4 anos solucións comúns fronte ao cambio climático ou a perda de biodiversidade desde un enfoque integrado coas súas políticas sectoriais

05/06/2023 | 13:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel clave dos portos na defensa da saúde de mares e océanos e para a protección da costa

Ángeles Vázquez incide en que a erradicación do lixo mariño é un dos maiores retos ambientais da sociedade actual e pon en valor iniciativas como Upcycling the oceans, na que colaboran o seu departamento e o porto coruñés, entre outros, desde hai cinco anos

05/06/2023 | 13:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apela no Día Mundial do Medio Ambiente á responsabilidade no consumo de plástico para evitar o seu impacto sobre a contorna

Ángeles Vázquez incide en que a contaminación por plásticos e os seus efectos prexudiciais na saúde, a economía e o medio ambiente non poden ser ignorados

04/06/2023 | 11:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta forma ao persoal público para incorporar criterios ambientais á xestión de fondos europeos

Este curso, pioneiro a nivel autonómico e nacional, enmárcase no obxectivo de aproveitar ao máximo as oportunidades de financiamento que ofrece a Unión Europea ao abeiro do programa Next Generation e dos fondos Estructurais FEDER