Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

17/06/2023 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a cría de porco celta en ecolóxico na aldea modelo de Moreda en Folgoso do Courel

Esta iniciativa é un exemplo clave da dinamización do rural e anticipación aos lumes forestais mediante o aproveitamento de recursos e a gandaría en extensivo, dentro do marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

16/06/2023 | 18:02 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a súa oferta formativa para o rural galego cunha xornada de portas abertas no centro de Sergude

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta tarde na iniciativa, centrada especialmente na difusión e promoción do ciclo de grao medio de Produción Agroecolóxica, un dos que se imparte nestas instalacións
 

16/06/2023 | 13:56 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o Bono Activa Rural do programa Leader como forma de fomentar o emprego no rural

Inés Santé explicou esta e outras novidades do novo Programa Leader 2023-2027, salientando que para este novo período os grupos de desenvolvemento rural contaron cunha axuda de 35.000 euros cada un para a elaboración da súa estratexia
 

16/06/2023 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural
15/06/2023 | 11:28 | C. do Medio Rural

A Xunta resolveu axudas por importe de 80.000 € para seis asociacións apícolas galegas no período estendido destas achegas entre agosto e decembro de 2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións, no marco do Programa nacional apícola 2020-2022

15/06/2023 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Xunta dá luz verde á creación de dous novos polígonos agroforestais na Peroxa e en San Amaro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo de inicio de ambas figuras, que suman un total de 72,55 hectáreas de terreo

14/06/2023 | 16:42 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda destaca o apoio económico e normativo da Xunta ao sector agroalimentario galego e sitúao como sinónimo de excelencia

Salienta o compromiso na promoción dos produtos locais e no traballo dos consellos reguladores e entidades do sector, que suman 5,4 M€ e preto de 8 M€ en axudas respectivamente neste 2023, así como as subvencións concedidas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, que superan os 30 M€ este ano

14/06/2023 | 14:51 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en reclamar ao Goberno central o recoñecemento de Contaláctea e Contacarne para garantir o cumprimento da Lei da cadea alimentaria

José González lamentou que ningún destes mecanismos fora aceptado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) como fonte admisible para a acreditación dos custos de produción

13/06/2023 | 16:35 | C. do Medio Rural

A Xunta e os representantes do sector agrogandeiro galego constitúen un grupo de traballo para avaliar os efectos da seca nos custos de produción deste eido

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, presidiu esta mañá a primeira reunión deste órgano

13/06/2023 | 11:55 | C. do Medio Rural

A Xunta, o CSIC e o Goberno de Israel intercambian coñecementos e experiencias sobre o estudo das características biolóxicas e agrónomas do solo

Unha investigadora do Centro Superior de Investigacións Científicas e unha representante do Ministerio de Agricultura de Israel visitaron o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude