Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

19/11/2023 | 13:13 | C. de Sanidade

Os servizos do Sergas de cirurxía xeral e dixestivo, de traumatoloxía e de anxioloxía e cirurxía vascular rexistran os segundos mellores tempos de espera do sistema nacional de saúde

O sistema sanitario público galego consegue unha media de espera en cirurxía xeral e de dixestivo e en anxioloxía e cirurxía vascular de 55 e 48 días respectivamente, arredor da metade da media nacional

18/11/2023 | 12:59 | C. de Sanidade

Galicia sitúase como a segunda comunidade autónoma con mellores datos de listas de agarda para cirurxías

O tempo medio de espera en Galicia redúcese ata situarse en 66 días, mentres que a media estatal é de 112 (46 días menos que a media española)

18/11/2023 | 12:43 | C. de Sanidade

A Xunta sitúa o futuro Centro Integral de Saúde en Carballo como o próximo gran fito da sanidade pública da comarca de Bergantiños

Comesaña agradece ao alcalde de Carballo o esforzo para obter a primeira das tres parcelas necesarias para poder aumentar en case un 50% a superficie do actual centro

17/11/2023 | 18:30 | C. de Sanidade

O Sergas aproba en mesa sectorial a nova OPE que oferta máis de 1.200 prazas

O Servizo Galego de Saúde ofertará 168 prazas de persoal licenciado sanitario, 958 de diplomado sanitario e de formación profesional e 81 de xestión e servizos

17/11/2023 | 13:33 | C. de Sanidade

A Xunta facilita durante esta fin de semana a vacinación fronte á gripe dos menores de entre 6 e 59 meses no conxunto dos hospitais galegos

A Dirección Xeral de Saúde Publica enviou SMS de citación ás familias con nenos e nenas deste tramo de idade, para que poidan acudir aos hospitais galegos a vacinarse fronte á gripe, durante as xornadas do sábado e domingo

17/11/2023 | 13:17 | C. de Sanidade

Xunta e concello de Malpica ratifican o convenio que permitirá obter a parcela para o futuro centro de saúde

O Goberno galego comprométese a construír un centro de saúde de 1.000 m2 na parcela que expropiará o concello

17/11/2023 | 11:11 | C. de Sanidade

A Xunta forma os primeiros Yam helpers que colaborarán no desenvolvemento do novo programa de prevención de condutas suicidas entre a mocidade

Máis de 70 residentes das especialidades de psiquiatría, psicoloxía e enfermería especializada en Saúde Mental, recibiron hoxe formación específica para colaborar no Proxecto YAM (Youth Aware of Mental Health)

16/11/2023 | 19:45 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade pon en valor os proxectos participantes na IV edición dos International Zendal Awards

Tal e como remarcou Julio García Comesaña, estes proxectos, que abordan a investigación e a innovación no campo da biotecnoloxía, achanzan o camiño cara un futuro máis saudable e sostible

16/11/2023 | 18:32 | C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a súa estreita colaboración coa facultade de Medicina na formación do futuro persoal médico da sanidade galega

Os conselleiros de Sanidade e Educación participaron hoxe na inauguración da 84ª Asemblea xeral de decanas e decanos das facultades de medicina españolas

16/11/2023 | 18:06 | C. de Sanidade

Galicia segue a apostar pola saúde cun dos calendarios de inmunización máis completos do mundo

Máis de 450.000 galegos de entre 65 e 79 anos son invitados a participar no proxecto Galflu, un dos ensaios clínicos de maiores dimensións en España