Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

27/09/2023 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez denuncia que o Goberno de España solicitou a autorización para actuar sobre o río Ladrón 5 anos despois de iniciar o treito Arzúa-Melide da A-54

Lembra que ese curso fluvial aparece en toda a cartografía existente e destaca que Augas de Galicia outorgou en só 4 meses e 12 días a autorización, cando legalmente tiña 6 meses para facelo

27/09/2023 | 12:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación do proxecto de construción da glorieta na AC-116 no Val e da nova conexión co polígono empresarial río do Pozo, en Narón

Mellorarase a seguridade viaria no Val, coa execución desta glorieta na intersección da AC-116 coa vía provincial DP-5408 e co viario local de acceso á zona de costa

25/09/2023 | 17:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta autoriza a transferencia a prol do Concello das Neves de seis treitos antigos de dúas estradas provinciais

Transfírense á entidade local cinco treitos da estrada EP-4201, que une Setados, Ribarteme e Vide, e un treito antigo da estrada EP-4202, que comunica Tortoreos, Rubiós e Carrasqueira

25/09/2023 | 17:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega máis de 500.000 € para a mellora de instalacións deportivas de entidades e concellos da comarca da Coruña

O delegado da Xunta explicou que 174 entidades dos concellos da área da Coruña recibirán outros 288.000 euros para levar a cabo as súas actividades deportivas ao longo do ano

25/09/2023 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1,1 M€ á mellora de instalacións deportivas e adquisición de material de 30 concellos da provincia de Ourense

O delegado territorial subliñou que 30 concellos percibiron 43 axudas; un total de 1.034.295,34 euros para obras e 119.697,26 euros para equipamento deportivo

23/09/2023 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, farán necesario un corte de tráfico desde o vindeiro luns

Esta intervención, que está a piques de finalizar, precisará do peche total da circulación entre os puntos quilométricos 1+550 e 2+025, desde o luns ata o venres

23/09/2023 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a mellora do acceso á capela do Carme en Cuspedriños, na estrada PO-232, en Cerdedo-Cotobade

A intervención, cun investimento de 48.000€, incluíu a construción dun treito de senda e o acondicionamento do acceso á capela, na parroquia de San Xurxo de Sacos

23/09/2023 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitará desde o luns un autobús de reforzo a primeira hora da mañá entre Bueu e a Universidade de Vigo para atender o incremento da demanda

Esta solución dará resposta ao aumento de usuarios rexistrado nesta liña coincidindo co inicio do curso escolar

22/09/2023 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia hoxe a última parte dos traballos de aglomerado da 1ª fase de mellora da estrada autonómica LU-231 entre Friol e Palas de Rei

Trátase da disposición final da capa de rodaxe e posterior pintado da sinalización horizontal

22/09/2023 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con máis de 76.000 euros a mellora de locais e equipamentos de nove entidades veciñais a través do Plan específico de acción comunitaria

A delegada territorial, Martina Aneiros, visitou esta mañá a AVV de Santa Mariña que recibiu dúas achegas valoradas en preto de 17.000 euros para a reforma do aseo e a adquisición de equipamento de oficina