Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

16/10/2023 | 14:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ratifica a súa aposta polos empregos verdes na clausura dun obradoiro dual no que colaboraron 8 concellos coruñeses

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de peche dunha acción que involucrou unha vintena de persoas desempregadas de Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Paderne e Sada

16/10/2023 | 12:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 800.000 euros en dous obradoiros de emprego dual en Rianxo para o mantemento de montes e doutras zonas verdes

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na inauguración dun obradoiro para levar a cabo repoboacións forestais, silvicultura e mellora de montes; e puxo en valor outro para a instalación e mantemento de xardíns

15/10/2023 | 12:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Permanece aberto ata o 2 de novembro o prazo para participar no programa de impulso ao emprego verde entre persoas sen traballo de contornas rurais

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade colabora coa Fundación Santa María la Real na celebración desta iniciativa que promove a cualificación para o acceso ao emprego no eido da economía sustentable

13/10/2023 | 17:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración
13/10/2023 | 14:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza novas formacións gratuítas a través da rede eusumo para persoas emprendedoras interesadas na economía social

Haberá catro cursos novos no Campus Eusumo, centrados en contabilidade, na internacionalización, no coaching e na responsabilidade social empresarial

11/10/2023 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Bruxelas pon en valor proxectos da Xunta cofinanciados con fondos europeos como os polos de emprendemento e a oferta formativa para o emprego

A páxina web da Comisión Europea faise eco da visita realizada a Galicia o pasado setembro polo comisario de emprego, Nicolas Schmit, que coñeceu de primeira man o traballo de impulso á iniciativa empresarial desenvolvido no polo de Silleda

11/10/2023 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta porá en marcha 9 obradoiros na comarca da Coruña cun investimento de 4,5 M€ para mellorar as oportunidades laborais de 172 persoas sen emprego

As oficinas de emprego iniciarán a selección de participantes dos sete obradoiros duais, entre os cales terán prioridade emigrantes retornados, mulleres, vítimas da violencia de xénero, parados de longa duración ou persoas con discapacidade, entre outros colecti-vos
 

11/10/2023 | 13:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega os diplomas aos 20 alumnos do taller de emprego do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, ao que destinou 534.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que os participantes melloraron numerosas rúas dos tres concellos durante o ano de duración deste obradoiro dual, no que recibiron formación teórica e fixeron prácticas remuneradas

10/10/2023 | 16:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón na Universidade da Coruña as vantaxes do novo sistema de intelixencia artificial, EMI, para axustar oferta e demanda de traballo

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe no relatorio A iniciativa de emprego intelixente (EMI) nunha xornada sobre cualificacións e habilidades na intelixencia artificial e a dixitalización avanzada

10/10/2023 | 15:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta porá en marcha 10 obradoiros na área de Santiago cun investimento de 5 M€ para mellorar as oportunidades laborais de 188 persoas sen emprego

As oficinas de emprego iniciarán a selección de participantes dos sete obradoiros duais, entre os cales terán prioridade emigrantes retornados, mulleres, vítimas da vio-lencia de xénero, parados de longa duración ou persoas con discapacidade, entre outros colectivos