Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

23/11/2023 | 14:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta reforza e dá estabilidade ao persoal do Servizo Público de Saúde cunha oferta de emprego de 1207 prazas

O presidente do Goberno galego explica que a OPE 2023 aprobada hoxe polo Consello da Xunta recolle 168 prazas de persoal licenciado sanitario, 958 de diplomado sanitario e de formación profesional e 81 de xestión e servizos

23/11/2023 | 13:41 | C. de Sanidade

O Sergas vai elaborar un procedemento de cribado de violencia de xénero en menores e adolescentes

Tamén ten previsto desenvolver un procedemento fronte á violencia na infancia e adolescencia, que incluirá a atención no caso de agresións sexuais

23/11/2023 | 11:20 | C. de Sanidade

A Xunta sobe nun 10 % o investimento para investigación sanitaria reflectido nos presupostos para 2024

Esta achega pasa de 2,3 millóns no 2020 a 6,3 no 2024, triplicando practicamente o seu importe ao longo desta lexislatura
 

21/11/2023 | 20:05 | C. de Sanidade

A Sanidade pública galega galardoada con seis premios e unha mención de honra nos Best in class 2023

Estes premios recoñecen publicamente os mellores centros sanitarios, así como os mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, na procura da excelencia na atención que prestan aos seus pacientes

21/11/2023 | 19:33 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade colabora con Portugal na investigación sobre o gromo de lexionella detectado no Baixo Miño

O equipo da Dirección Xeral de Saúde Pública, con Carmen Durán á cabeza, reuniuse cos seus homólogos do país luso, para intercambiar información sobre os casos de lexionella galegos e os detectados no norte de Portugal, concretamente na localidade de Caminha

21/11/2023 | 09:54 | C. de Sanidade
20/11/2023 | 13:19 | C. de Sanidade

A Xunta completa a renovación do equipamento do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia para multiplicar a súa capacidade analítica

O Goberno galego destinou a este reforzo dos sistemas de saúde pública case 1,5 millóns de euros procedentes dos fondos europeos de recuperación trala COVID

19/11/2023 | 13:21 | C. de Sanidade

A Xunta regula o rexistro galego de tumores para reforzalo como fonte de información para a investigación oncolóxica

Créase o Consello de asesoramento do rexistro dirixido por Saúde Pública e con facultativos especialistas

19/11/2023 | 13:18 | C. de Sanidade

A Xunta constata o descenso da densidade de mosquito tigre pola baixada das temperaturas e as intensas chuvias

Este venres celebrouse a última reunión do ano do comité técnico do mosquito tigre coa participación dos concellos nos que se identificara a súa presenza